Home / Archivo de Etiquetas: Festas de Ferrol

Archivo de Etiquetas: Festas de Ferrol

Xaime López, A nena e o grilo: «A cultura infantil está collendo o peso que merece»

RAÚL SALGADO / FERROL360 | Ferrol | Luns 31 agosto 2015 | 10:49 Derradeiro día das Festas de Ferrol. Este luns ten sabor a despedida de verán, unha mistura de tristura e ilusión. O curso escolar fica á volta da esquina e as vacacións xa non dan moito máis de si. Pero ben é certo que temos unha boa traca final preparada para pechar agosto coa praza de Amboage coma protagonista. Á tradicional ofrenda ao Marqués ás 12:00 horas, o acto de presentación das Meninas de Canido ás 18:30 horas e o musical A nena e o grilo van de festa! a partires das 21:00 horas. Ademais, os Fogos de San Ramón encherán o ceo de luz, cores e pólvora dende as 23:30 horas na Ensenada de A Malata. O ...

Leer más »

As mil e unha noites, teatro familiar para espantar a choiva este mércores

FERROL360 | Mércores 26 agosto | 11:35 Será no Centro Cultural Torrente Ballester e non na Praza Vella, por mor da choiva. Mais non haberá máis trocos, o carromato de Ghazafelhos Teatro chegará este mércores ás 20:00 horas da man da área de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, cheo de xenios nas súas lámpadas marabillosas e mil e unha sorpresas. Herbas aromáticas, coxíns, panos de cores, alfombras voadoras, bailarinas exóticas, ladróns e aventureiros… As mil e unha noites lévanos até Bagdad, na misteriosa Persia, a través de Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas forman, o trío de actores ferroláns que chega á cidade naval para levarnos nunha viaxe inesquecíbel. Esta peza teatral en galego, adaptada pola compañía, recrea os contos máis míticos de Oriente, coma Aladiño e a ...

Leer más »

A Mesa pola Normalización denuncia a exclusión da lingua galega nas Festas de Ferrol

FERROL360 | Sábado 26 xullo 2014 | 16:36 A Mesa pola Normalización Lingüística rexeita «a exclusión da nosa lingua propia nas Festas de Ferrol». Desde a organización denuncian que se empregan centos de miles de euros nunha festa que invisibiliza a lingua e a cultura galegas. E é que desde a Mesa consideran que as festas deberían servir para o desfrute de todos os ferroláns, «para convidar a nos acompañaren as persoas da Galiza e de fóra dela, para impulsar a cultura da nosa comarca e a nacional como fonte de recursos económicos». Nembargantes, apuntan «son utilizadas para afastar o galego nunha ideolóxica e antieconómica aposta do PP». Así, afirman que é «de pasmo» que nun municipio con dificultades económicas se renuncie a apoiar á cultura galega. Neste senso, critican ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies