Home / Archivo de Etiquetas: Festival do Monólogo Teatral «Singular»

Archivo de Etiquetas: Festival do Monólogo Teatral «Singular»

Un espectáculo de Riki López pecha este venres no Pazo da Cultura o Festival do Monólogo Teatral Singular

FERROL360 | Xoves 21 abril 2016 | 9:58 Última cita co Festival do Monólogo Teatral Singular, unha iniciativa organizada polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora Eme2. O peche virá a cargo do humorista Riki López, quen interpretará este venres o monólogo Me tengo contento. Cancións cargadas de autocrítica e o humor máis xenuino van da man neste número que persegue a complicidade co público. O espectáculo comezará ás 20:30 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do pazo naronés a prezos que van dos 6,65 aos 9,50 euros.

Leer más »

Un monólogo de Celso Sanmartín e un drama con Pepe Viyuela chegan este venres e sábado ao Pazo da Cultura de Narón

FERROL360 | Xoves 14 abril 2016 | 11:54 O poeta e contacontos galego Celso F. Sanmartín será o protagonista este venres do monólogo Contar, o terceiro que se desenvolverá este mes no Pazo da Cultura de Narón, enmarcado no Festival do Monólogo Teatral Singular. «Contar é o meu oficio, e tamén é a palabra que teño na boca cada vez que subo a un escenario coa claridade de que comparto un saber que practicamos todos, e non algunha vez senon toda a vida, porque non contar sería tanto coma non convivir, e polo tanto, en positivo, contar é convivir. Contar para que os demais te teñan en conta». Así explica o autor o seu monólogo, que dará comezo ás 20.30 horas. As entradas teñen un prezo de 6,65 para abonados, ...

Leer más »

Segunda sesión do Festival do Monólogo Teatral «Singular» este venres no Pazo da Cultura

FERROL360 | Xoves 7 abril 2016 | 19:36 Arte de las putas, una historia de amor é o segundo espectáculo incluído no Festival do Monólogo Teatral «Singular», organizado conxuntamente polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora teatral Eme2. A peza, protagonizada por José L. Esteban, chegará ao Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón da man de Jotacción a partir das 20:30 horas. O espectáculo, dirixido ao público adulto, ten unha duración de algo máis dunha hora. Neste tempo o público presenciará unha obra que remontará ao público aos clásicos, a esas historias que os nosos ancestros queren transmitirnos e na que non faltarán o humor, a ironía e a música. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies