Home / Archivo de Etiquetas: Festival do Río Castro

Archivo de Etiquetas: Festival do Río Castro

Festa Rachada esta fin de semana en San Sadurniño coa celebración de Santa Sabela e do Festival do Río Castro

FERROL360 | Venres 1 xullo 2016 | 9:08 San Sadurniño quenta motores para vivir unha das fins de semana máis intensas do ano coa celebración de Santa Sabela e do Festival do Río Castro. As festas principais da parroquia de Santa Sabela ofrecen un programa festivo con música e eventos desde o venres ata o domingo e en Naraío haberá actividades e música para todas as idades. As fesas de Santa Sabela arrancarán na noite do venres no patio do colexio cunha sesión suave, ás 22.30 horas, a cargo do dúo Sanjurjo & Dopico, do grupo local Labanda de Cletus e o de Pablo Balseiro. O sábado a festa arrancará coas tradicionais alboradas e coa misa solemne, ás 12.30 horas. A continuación, haberá sesión vermú animada pola orquestra Shugar, que ...

Leer más »

O Festival do Río Castro cumpre 21 anos este sábado

FERROL360 | Venres 4 xullo 2014 | 18:27 O Festival do Río Castro é, xunto co San Pipote, o acontecemento anual que máis xente reúne en San Sadurniño. Nesta XXI edición volve haber un cartel cun grande tirón. Abrirá a zanfonista María López, seguida de Vai rañala meu!, Taghaitai Manila e pecharán a festa o Sonoro Maxín. Mirando ao ceo, a A.VV. O Castelo agarda recibir na Bóla centos de persoas xa desde primeiras horas da mañá para pasar o día ao pé do río. A organización contará con varios aparcadoiros e un dispositivo de protección civil que regularán os accesos en coche ao festival e que restrinxirán o tráfico rodado no seu contorno a partir das tres da tarde. O programa do festival, arrancará pouco despois das 15:30 horas ...

Leer más »

Conta atrás para a celebración do XXI Festival do Río Castro que terá lugar o 5 de xullo

FERROL360 | Domingo 1 xuño 2014 | 17:12 A organización do festival do Río Castro deu a coñecer o programa de actos da vindeira edición que este ano se celebrará o 5 de xullo e que contará con cinco actuacións: o home orquestra César Freiría -Cé Orquestra Pantasma-, a zanfonista de dez anos María López, o grupo fenés Vai rañala meu!, os Taghaitai Manila e O Sonoro Maxín. Ademais, tamén actuarán pola tarde os Ghazafelhos con María Canosa. Podedes consultar toda a información do Festival aquí e tamén no Facebook da asociación de veciños. Por outra banda, o artista gráfico ferrolán Juanlu Fernández foi o encargado de diseñar o cartel desta edición. O Festival do Río Castro enfronta a actual crise buscando o xeito de optimizar recursos mantendo e mesmo ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies