FERROL360 | Sábado 9 decembro 2017 | 11:38 Este sábado o Festival Treme a Terra chega á súa 18ª edición con completo programa de actividades que se extenderá ata o vindeiro domingo 31 de decembro. Palestras, homenaxes e música compoñen o cartaz deste evento, que comeza coas actuacións de Voodoo, Ses, Nao e Rebeliom do Inframundo.Os concertos comezarán ás 21:00 horas na pista polideportiva, fronte á FP, e haberá postos con comida. A programación continuará este domingo co Minifestival para peques e maiores coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Será ás 17:00 horas na Casa da Cultura. Xa o venres 15 de decembro, tocaralle a quenda á palestra sobre a Guerrilla Antifranquista co historiador Bernardo Maiz, a partires das 20:00 horas na Casa da Cultura. O sábado 16 celebrarase unha ...
Leer más »