FERROL360 | Xoves 2 xullo 2015 | 18:00 O novo goberno local de Fene, conformado por BNG, PSOE e Somos Fene, definiu a organización dos seus concelleiros nun total de nove delegacións. Así, os nacionalistas terán catro, os socialistas dirixirán tres delegacións e por último, Somos Fene, ostentará dúas. Juventino Trigo, do BNG, terá as funcións propias de Alcaldía como rexedor e ademais farase cargo das delegacións de Facenda e Patrimonio. Urbanismo tamén queda en mans dos nacionalista coa direción de Justo Martínez. Sandra Permuy dirixirá a delegación de Persoal, Seguridade, Formación e Emprego e Medio Ambiente recae en Mariela Aguilar. Pola súa banda, o socialista Antón Noceda farase cargo da delegación de Obras e Servizos e Amalia García de Cultura e Educación. Tamén dirixirán os socialistas as delegacións de ...
Leer más »