ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Luns 28 abril 2014 | 12:52 Foi a décimo novena edición dun evento que reúne cada ano milleiros de persoas en San Sadurniño. O municipio celebrou no día de onte a Feira da Plantación, un espazo onde, cada último domingo de abril, as plantas e as flores protagonizan unha auténtica festa primaveral. Revalorizar as posibilidades que ofrece o mundo rural ou potenciar o coidado e o respecto ás plantas, son algúns dos obxectivos dunha feira que naceu no ano 1995 da man da xa extinta asociación veciñal Bidueiro. Ademais, pretende dar pulo á plantación e fomentar o consumo de produtos ecolóxicos, poñendo en valor a natureza e dar conta do gran significado que deben ter as árbores e as plantas. A cita, organizada conxuntamente ...
Leer más »