Home / Archivo de Etiquetas: Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Archivo de Etiquetas: Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Este mércores preséntase un libro homenaxe a Carvalho Calero, «RCC. O Carballo que fun en Ferrol»

FERROL360 | Martes 25 febreiro 2020 | 19:00 Este mércores, a partires das 19:30 horas e no salón de actos de Afundación de Ferrol, terá lugar a presentación do libro «RCC. O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero». Na obra colaboraron varios autores e estivo coordenada polo historiador Bernardo Máiz Vázquez. A edición corre a cargo do Club de Prensa de Ferrol en homenaxe ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero e como contribución ao Día das Letras Galegas. Carvalho Calero residiu en Ferrol apenas 29 dos seus oitenta anos de vida e en tres etapas; de 1910 a 1926, de 1932 a 1936 e de 1941 a 1950. Os longos espazos de tempo lonxe debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación da ...

Leer más »

Homenaxe a Carvalho Calero este sábado no 27 aniversario do seu pasamento

FERROL360 | Venres 24 marzo 2017 | 16:47 Este sábado 25 de marzo conememórase o 27 aniversario do pasamento do profesor e historiador ferrolán, Ricardo Carvalho Calero. Para lembrar a súa figura, a Fundaçom Artábria organiza unha homenaxe ao Fillo Predilecto da cidade e o Concello de Ferrol depositará un ramo de flores no camposanto de Boisaca, en Santiago de Compostela, onde repousan os seus restos. Pola súa banda, Artábria celebrará a homenaxe ao pe das ruínas da súa casa natal en Ferrol Vello. O acto comezará ás 12:30 horas e contará coa poesia de Iolanda Teixeiro, Iolanda Gomis e Xurxo Gago; a música de Manolo Bacalhau e as intervençons de Maurício Castro da da Associaçom de Estudos Galegos -AEG- e Vitor Santalha da Fundaçom Artábria. A entidade fai un ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies