Home / Archivo de Etiquetas: I Chanfaina Lab

Archivo de Etiquetas: I Chanfaina Lab

O I Chanfaina Lab achega o novo cinema galego esta fin de semana a San Sadurniño

ARY LÓPEZ | Xoves 4 setembro 2014 | 11:45 Cando François Truffaut filmou Los cuatrocientos golpes (1959), non era de todo consciente de estar sentando as bases da Nouvelle Vague. O mesmo lle sucedeu a Claude Chabrol ou Jean-Luc Godard e a outros directores noveles que, baixo a sombra do crítico e teórico do cine, André Bazin, trazaron as liñas da nova corrente cinematográfica francesa. Aquilo era a Francia de finais dos anos cincuenta e un novo cinema estaba a espertar proclamando unha renovación do cine patrio para gañar unha maior frescura, autenticidade, acadar a máxima creatividade e liberdade de expresión ao tempo que se reivindicaba a figura do autor en todo o proceso de creación dun filme. Noutro espazo e noutros tempos, -Galicia, novo milenio- un conxunto de creadores ...

Leer más »