Home / Archivo de Etiquetas: II Sons na Cortiña

Archivo de Etiquetas: II Sons na Cortiña

Música, obradoiros e zona food-trucks no II Sons na Cortiña

FERROL360 | Sábado 27 agosto 2016 | 17:56 A festa continúa na finca da Cortiña, en San Sadurniño, coa celebración do II Sons na Cortiña este domingo. Despois de acoller a VIII edición da Feira Rural, chega a quenda dunha oferta cultural e gastronómica dirixida a público familiar e xuvenil. O festival abrirá ás 14:00 horas cunha sesión vermú con Milómanos, o grupo formado por Milo Aguiar, Manu Pérez, Julián Martínez e Antón Casal, que se move entre temas propios e versións de clásicos do pop, o rock e o blues. Xunto coa música, o público tamén poderá petiscar e mesmo xantar no propio recinto, xa que a organización reservou unha zona food-trucks onde se servirá todo tipo de comida rápida de calidade. Sobre as 16:30 horas comezarán os obradoiros ...

Leer más »

A VIII Feira Rural de San Sadurniño chega este sábado cun completo programa de actividades

FERROL360 | Venres 26 agosto 2016 | 11:10 Postos de alimentación ecolóxica, paseos en kaiac, exhibicións de cetraría e obradoiros de cociña, son algúns dos atractivos da VIII edición da Feira Rural de San Sadurniño, que se celebrará este sábado ao pé do Xubia. Un evento que mistura a filosofía das feiras tradicionais coa promoción de experiencias que apostan pola sustentabilidade. O principal protagonista da Feira Rural volverá ser o mercado cun total de 130 postos de produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man, distribuídos polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña. A novidade deste edición é a participación de 22 postos de explotacións certificadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, que ofrecerán degustacións dos seus produtos durante toda a ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies