FERROL360 | Xoves 12 novembro 2015 | 18:58 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuniuse este xoves con alcaldes e concelleiros das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña, para abordar conxuntamente a situación da Vía de Altas Prestacións da Costa Norte. Vázquez informoulles que o Grupo Parlamentario Popular trasladou a súa intención de presentar unha emenda aos Orzamentos de 2016, que permitirá destinar 400.000 euros adicionais a avanzar nas expropiacións necesarias para esta vía. A través desa partida, a intención do Goberno galego é comezar o proceso expropiatorio polo tramo San Sadurniño-Sanguiñeira, por ser este o que aglutina maior densidade de tráfico e que conecta coa autovía Ferrol-Vilalba. Na xuntanza analizáronse as contas autonómicas, que recollen 6,2 millóns para o remate do treito Celeiro-San Cibrao desta VAP. ...
Leer más »