MARTA R. SUÁREZ | Narón | Domingo 27 xullo 2014 | 13:50 Dicía Castelao que a tradición non é historia, é eternidade. E esa é a filosofía dos organizadores do Oenach Atlántico que se está a celebrar desde o venres no recinto da feira do Trece, en Narón. «Oenach» significa «lugar de encontro da comunidade» e nesta feira queren honrar tan nobre significado. O principal obxectivo é transmitir a cultura celta nun ambiente lúdico, pero tamén didáctico. Para iso, segundo nos conta Daniel Cánovas, membro da organización, está sendo indispensable a colaboración dos veciños, moi implicados no evento. As actividades son variadas: desde as gastronómicas ata diferentes obradoiros, pasando pola representación da vida cotiá da época. Ademais das distintas actividades que figuran no programa, nada máis alcanzar o alto no ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: INTERES TURISTICO GALICIA