SANDRA REGO | FERROL | Viernes 21 noviembre 2014 | 19:09 A Esmorga é a historia dun día na vida de tres personaxes, o Bocas, Milhomes e o Castizo. Narrada por este último, conta a andaina á perdición dos seus compañeiros logo de pasar unha xornada deambulando por terras ourensás. Seguramente á maioría coñecen esta historia xa que Blanco Amor conseguiu que se convertera nun clásico da literatura galega e de lectura obrigada nos centros de educación secundaria. Agora, case corenta e cinco anos máis tarde da publicación en Galicia deste libro –publicouse en 1970-, o director Ignacio Vilar -coñecido por outras producións como Pradolongo ou Vilamor-, fai chegar a todos, e subraiamos todos, os cines de Galicia esta nova adaptación de A Esmorga. Faino con tres actores de gran ...
Leer más »