FERROL360 | Xoves 8 outubro 2015 | 14:09 O teatro e a música tradicional daranse cita esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón coas actuacións de Leilía e da compañía Teatro do Atlántico. Así, este sábado, ás 20.00 horas, a compañía Teatro do Atlántico representará a obra O principio de Arquímedes e este domingo ás 19.00 horas actuará o grupo de cantareiras e pandereteiras Leilía. As persoas interesadas en asistir poden adquirir xa as entradas na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados. O prezo é para cada unha das actuacións. O horario para o despacho de billetes, que poderán adquirirse o mesmo día dos actos, é ...
Leer más »Os músicos Suso Vaamonde e Xoán Porto visitan este sábado o Toxos e Froles
FERROL360 | Xoves 27 marzo 2014 | 14:27 O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol recibe este sábado ao dueto de zanfona e acordeón Cantata Vernácula. Os seus intérpretes formaron en 2009 un proxecto musical co que pretenden divertir ao público coas súas pezas tradicionais e de propia autoría. A súa xenial combinación de voces e instrumentos fai de Cantata Vernácula unha aposta diferente e moi atractiva do folclore galego. Suso Vaamonde é unha peza fundamental no estudio da gaita galega e dende mozo formou parte de importantes agrupacións como Xacarandaina, Lecer ou Lelia Doura. Gañou numerosos premios de gaita e folclore tradicional e recibiu multitude de galardóns ao longo da súa traxectoria musical. Actualmente é mestre de Música Tradicional da Agadic -Axencia Galega das Industrias Culturais- e colaborador do ...
Leer más »O requeixo de A Capela cumpre 25 anos
MARTA CORRAL | Luns 26 agosto 2013 | 12:00 Aínda que a váscula comezara a dar sinais de alarma no que vai de verán, onte non puidemos facer máis ca rendernos aos encantos do requeixo. A pesares do orballo incesante e a néboa, milleiros de persoas peregrinaron ata A Capela para celebrar o cuarto de século desta Festa do Requeixo. Vendéronse máis de 6.000 racións, ao prezo popular de 1,70 euros por tarrina de 250 gramos con azucre ou mel de Goente, ao gusto. Houbo colas dende a mañá; pero a boa disposición da organización fixo que todo fora rápido. Organizada e promovida polo Concello de A Capela e a cooperativa Campo Capela, o pregón estivo a cargo de José Manuel Corral, ex concelleiro de Cultura, que deu comezo á ...
Leer más »