FERROL360 | Martes 11 outubro 2016 | 9:02 O salón de plenos de Cabanas acolle este martes, ás 19:30 horas, a xuntanza informativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte na que dará a coñecer a súa liña de axudas. Están chamados a participar nesta reunión particulares, asociacións, confrarías e entidades públicas. Os técnicos do Grupo de Acción Local darán conta dos requisitos que hai que cumprir para acceder ás subvencións, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a ...
Leer más »O Igape pon en marcha novas liñas de axuda para pemes e emprendedores
FERROL360 | Mércores 21 xaneiro 2015 | 19:27 O Igape presentou este mércores nunha xornada técnica en Ferrol as novas axudas convocadas pola Consellería de Economía e Industria para contribuír a dinamizar o investimento e a internacionalización do tecido económico das comarcas e para mellorar a súa competitividade. As axudas, dotadas con 6,5 millóns de euros, terán especial intensidade nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e teñen como obxectivo procurar que os emprendedores e as pemes dispoñan, desde o primeiro momento, de instrumentos e axudas adecuadas para impulsar os seus proxectos. Dentro deste novo marco de axudas, o Igape pon en marcha unha liña para apoiar ás pemes nos procesos de renovación dos equipos produtivos. Esta liña mobilizará arredor de 10 millóns de euros en investimentos empresariais. No caso ...
Leer más »