Home / Archivo de Etiquetas: Lingua galega

Archivo de Etiquetas: Lingua galega

O programa Apego achega a Ferrol tres actividades infantís para fomentar o uso do galego en familia

FERROL360 | Venres 7 outubro 2016 | 19:11 O programa Apego, pola vida e pola lingua, unha iniciativa xurdida para axudar ás familias á socialización en galego e propoñer o uso da lingua galega para crear vínculos entre pais, nais e fillos, achega á cidade de Ferrol tres actividades destinadas ao público infantil da man da área de Normalización Lingüística que dirixe Álvaro Montes. Por unha banda a figura da oceanógrafa ferrolá máis internacional, Ángeles Alvariño, será a protagonista dun obradoiro o vindeiro día 12 deste mes de outubro, neste ano que conmemoramos o centenario do seu nacemento. Servirá para descubrirlles aos cativos dende os 3 aos 10 anos diferentes especies e conciencialos da importancia de protexer os ecosistemas mariños. É unha actividade de balde que terá lugar no Antigo ...

Leer más »

O BNG rexeita unha moción de Ciudadanos que propón derogar puntos da ordenanza de Normalización

REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 23 outubro 2015 | 14:37 O grupo municial do BNG no Concello de Ferrol amosou este venres o seu «profundo rexeitamento» a unha moción de Ciudadanos na que se pide «la adopción de medidas oportunas para reestablecer la situación de legalidad vulnerada» pola aprobación da ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol. Para Eva Espiñera, concelleira do Bloque, «se está a convertir á vítima en vergudo», xa que segundo explicou, esta moción quere derogar unha «suposta e falsa imposición do galego» na administración local. Para a nacionalista, Ciudadanos «non asume, nin entende» a Normalización Lingüística e ao falar de imposición baséase «nunha realidade paralela inventada». O texto de C’s recolle unha sentenza do ano 2006 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na ...

Leer más »

Ferrol acollerá en marzo a fase de zona do Club de Debate

FERROL360 | Xoves 22 xaneiro 2015 | 20:03 Ferrol será o escenario, o próximo 7 de marzo, da fase de zona da cuarta edición do Club de Debate para alumnos de ESO e Bacharelato. Os tres equipos da cidade que participan coñeceron esta mesma mañá as normas, tempos, estrutura e dinámica do certame, no que se van enfrontar a máis de 200 estudantes galegos distribuídos en 23 grupos. O obxectivo da actividade é activar o uso oral da lingua galega entre a mocidade. A fase de zona precede á final, que terá lugar o 26 de abril en Carballo. O tema é «Herdamos o galego, temos que transmitilo«. O propio Concello ferrolán asinou esta semana o protocolo de colaboración do certame, no que a cidade naval compite cos municipios de ...

Leer más »

O conto viaxeiro termina mañá en Ferrol o seu obxectivo de divulgar o galego

FERROL360 | Martes 2 decembro 2014 | 19:36 A actividade O conto viaxeiro, para a divulgación da lingua galega entre os escolares de Ferrol, chega mañá ao seu fin. A proposta se desenvolveu dende outubro nos centros de ensino de Recimil, Isaac Peral, Terra de Ferrol, Esteiro e Cruceiro de Canido. A concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol era quen promovía a iniciativa. Nesta actividade, os escolares realizaron un conto ilustrado de xeito colectivo, ao longo de varias sesións, onde cada grupo de nenos ideaba, escribía ou debuxaba unha parte da historia. Os alumnos do CEIP Isaac Peral serán quen poñan mañá o punto final ao proxecto. O obxectivo desta proposta, O conto viaxeiro, foi aumentar a presenza de recursos educativos en galego na rede, así como achegar ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies