FERROL360 | Venres 11 decembro 2015 | 18:07 Fin de semana repleta de actividades en Narón con representacións teatrais, mercado de segunda mano, Noite de Luz e visitas do Minions. Un completo e variado programa para todas as idades e todos os gustos. Así, este venres o Pazo da Cultura acolle a representación da obra Ultranoite no país dos ananos, do Grupo Chévere, a partir das 20.30 horas. A actuación repetirase este sábado ás 20.00 horas. Xa o sábado, o recinto feiral do Trece e o Centro Cívico Social de Sedes acollerán os actos da Noite da Luz. Ás 18.30 horas sairá a Comitiva da Luz desde a capela de Santa Lucía ata o monte Esperón, onde se prenderá a roda da luz, sobre as 19.15 horas. Ás 20.00 horas, ...
Leer más »Luisa Merelas ou Gonzalo Uriarte visitan Narón coa última obra do CDG
FERROL360 | Luns 21 abril 2014 | 13:01 O Centro Dramático Galego achega ao Pazo da Cultura de Narón a súa última representación teatral, logo de ser estreada o pasado mes de marzo en Santiago. Longa viaxe cara a noite poderá verse este sábado a partir das 20:00 horas no auditorio naronés. Os actores Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Viéitez e Alberto Rolán protagonizan este drama dirixido por Manuel Guede Oliva. Nel interpretan aos Tyrone, unha familia norteamericana onde cada un dos seus membros sofre dalgunha problemática. James é un actor sen éxito que non foi quen de formar o auténtico fogar que algún día desexou; Mary, a súa muller, é presa dunha adicción imposible; Jamie, o fillo maior, é alcohólico; e Edmund, un mozo soñador enfermo de tuberculose. Longa ...
Leer más »