ARY LÓPEZ | Martes 27 agosto 2013 | 14:38 Ride, ride é unha fórmula imperativa. Unha obriga con gusto que vén da man de 3DTrans. Aínda que máis de un podería cometer o erro de traducir ao inglés o espectáculo destas tres ferrolás, o certo é que non se trata de correr o que elas piden, senón de rir. E iso, contemplando o seu número teatral, é ben doado. Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira gañaron o concurso cómico do programa Luar, Os Humorosos. Expertas en facer rir, reviven nunha hora de espectáculo o seu paso por televisión. Ferrol360 rouboulles un momento do ensaio para falar con elas na véspera da súa actuación na Sala Super 8. FERROL360 – Canto tempo leva 3DTrans facendo escachar de risa ao público? ...
Leer más »