FERROL360 | Mércores 29 agosto 2018 | 10:05 A Punta do Castelo de Redes volverá alumear cultura este domingo coa segunda edición de Lume no Castelo. O evento, que comezará ás 18:30 horas, combina música e tradición oral, nun espectáculo único co que a Agrupación Instrutiva de Caamouco quere poñer o broche de ouro a un intenso verán de actividades lúdicas e culturais. A velada arrancará coas historias de Apatacón. O proxecto está formado por Faia Díaz e Vero Rilo. Nel, a voz cantada e narrada mestúranse nunha unión melódica a través da que se narran contos e historias. Ademais, segundo prometen, Redes e o seu pasado terán un papel destacado nalgunha parte do espectáculo. Co solpor de fondo sobre a ría de Ares e o lume dos fachos alumeando ...
Leer más »