FERROL360 | Luns 24 marzo 2014 | 17:37 O Concello de Narón vén de adherirse á manifestación en defensa do sector naval que sairá este domingo 30 de marzo ás 12:00 horas do Inferniño, en Ferrol. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, participará na protesta acompañado de diversos concelleiros do goberno municipal e fai un chamamento público á cidadanía para secundar esta convocatoria. Na mobilización, convocada polos comités de empresa de Navantia, reclamarase carga de traballo para os estaleiros de Ferrol e Fene, o fin do veto da UE ó estaleiro de Fene e a construción do dique flotante.
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Manifestación en defensa do naval