Home / Archivo de Etiquetas: María Xosé Silvar

Archivo de Etiquetas: María Xosé Silvar

«Sés na escola» achegou a música comprometida á mocidade de San Sadurniño

FERROL360 | Jueves 19 junio 2014 | 20:02 A cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida por Sés, recalou este xoves na Casa da Cultura de San Sadurniño co seu proxecto Sés na escola, un concerto dirixido á mocidade no que a música e a palabra mestúranse co fin de chegar aos mozos e mozas da ESO. Algunhas das pezas do seu repertorio, sobre todo as do disco Co xenio destrozado, servironlle a Sés para dar consellos ao público. Faloulles da importancia de teren unha personalidade propia ou do perigo de deixarse influír polas modas. Con poesía actual e comprometida e forte identidade galega, Sés amosa as súas crenzas na música que fai e hipnotizou ao público dende os primeiros acordes. Convidándoos á reflexión, na procura do espírito crítico dos ...

Leer más »

Sés, cantante: «Sempre hai unha música para tranquilizarte, para curarte, para levantarte»

ARY LÓPEZ | Ferrol | Sábado 12 abril 2014 | 12:43 Leva o inconformismo na lingua e a etiqueta de autenticidade no peto. É «hipersociable», moi faladora. Oponse aos prexuízos e nega os estereotipos. Non é fada nen princesa. É amante das verdades, malia que provoquen sangue. Sés é defensora da igualdade e practicante do insomnio ocasional. Camiña cos pés no chán e a testa ben alta. Constrúe verbas de flor e ás veces extrae o son da dor. A súa repercusión hoxe en día é importante. María Xosé Silvar non coñece o descanso, xa que non para de xirar o seu segundo traballo discográfico, Co xenio destrozado, que autoproduciu aínda non hai un ano. En todo este tempo continúa enchendo locais. En directo, atrapa e non solta, tecendo unha ...

Leer más »

O teatro Jofre recibe este venres a visita da cantante Sés

FERROL360 | Martes 8 abril 2014 | 18:22 Sés é sinómino de autenticidade, de loita e de verdade. María Xosé Silvar é unha cantante e guitarrista galega dunha grande riqueza sonora. Cantareira dende nena, domina tanto o blues coma o rock, o swing e mesmo a música tradicional latinoamericana. Debutou en solitario no ano 2011 con Admirando a condición e dous anos máis tarde publicou un segundo traballo baixo o título de Co xenio destrozado. Pisa forte cunhas letras poderosas que pelexan por facerse un lugar neste mundo. Os seus directos énchense de vida e este venres o teatro Jofre de Ferrol terá ocasión de comprobalo dende as nove e media da noite. Alí estará acompañada dos músicos Tito Calviño -guitarra-, Marcos Pazo -batería- e Fran Sanz -baixo-, cos que ...

Leer más »

A cantante S?s leva o seu xenio este xoves ao Pazo da Cultura de Nar

FERROL360 | M?rcores 27 novembro 2013 | 14:18 Mar?a Xos? Silvar (S?s) ? unha desas mulleres que medran enriba de cada escenario. Esta compositora e int?rprete de enorme carisma contaxia o amor pola vida ao mesmo tempo que declara o seu inconformismo existencial. Galega de pura cepa, fai m?sica con coraz?n dende a m?is honesta sinceridade. Non conv?n perderlle a pista, porque leva conseguido moito en pouco tempo. Ser? cuesti?n de xenio. Despois de debutar no ano 2011 con Admirando a condici?n, percorre agora Galicia presentando os temas que compo?en Co xenio destrozado, o seu segundo traballo discogr?fico. Nel, hai sitio para case todo. Pezas de blues, rock, swing e mesmo habaneiras xorden do esp?ritu dunha muller potente que ataca ao p?blico cunha arma infalible: a s?a propia voz. Tam?n ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies