Home / Archivo de Etiquetas: Mercado de Moeche

Archivo de Etiquetas: Mercado de Moeche

Gran estrea do novo mercado de Moeche

FERROL360 | Sábado 30 decembro 2017 | 20:07 Este sábado abriu ás súas portas a remodelada nave dos tecidos da feira de Moeche convertida en espazo multiusos e, principalmente, en mercado de proximidade no que atopar todo tipo de produtos locais de calidade. Unha estrea que estivo acompañada por un bo número de xente e tamén por representantes políticos locais, da comarca, da Deputación da Coruña e mesmo da Xunta. No acto de inauguración estiveron presentes a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, a directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, o deputado da comarca Xesús Soto e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García. O Mercado de Moeche inicia así a súa actividade con oito postos de alimentos frescos da zona e artesanía. Terá ...

Leer más »

Moeche estrea novo mercado este sábado para poñer en valor os produtos locais de calidade

FERROL360 | Xoves 28 decembro 2017 | 11:13 A remodelada nave dos tecidos da feira de Moeche reabrirá as súas portas este sábado convertida en espazo multiusos e, principalmente, en mercado de proximidade no que atopar todo tipo de produtos locais de calidade. O Mercado de Moeche inicia así a súa actividade con oito postos de alimentos frescos da zona e artesanía. Terá unha periodicidade semanal, todos os sábados de 10.00 a 14.00 horas, e contará con degustacións gastronómicas e espectáculos ao vivo. O Concello busca así poñer en marcha unha nova canle ca que darlle saída á produción local e, ao mesmo tempo, converter o mercado nun referente onde se dean cita o sector agroalimentario e a clientela pontencial da zona. A alcaldesa, Beatriz Bascoy, salienta que a iniciativa ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies