Home / Archivo de Etiquetas: Mercado local de San Sadurniño

Archivo de Etiquetas: Mercado local de San Sadurniño

San Sadurniño celebrará este domingo unha nova edición do seu mercado local

FERROL360 | Sábado 24 xuño 2017 | 14:15 Un total de 64 postos participarán este domingo no primeiro mercado local do verán de San Sadurniño. Haberá postos con alimentos frescos e elaborados, produtos de artesanía, roupa, ferrallada antiga, libros, discos e outros obxectos de segunda man. O mercado abrirá as súas portas ás 10:00 horas ao redor dos sendeiros do parque situado detrás da casa consistorial. Na metade oeste situaranse os postos de froitos da terra, produtos frescos e alimentos transformados, ademais dun viveiro de comercialización de planta e flor. A parte central resérvase para a artesanía, que continuará polo sendeiro situado ao leste dos xardíns mesturándose coa oferta de segunda man. O mercado local de San Sadurniño ten como obxectivo favorecer a comercialización dos produtos de calidade da comarca, ...

Leer más »

San Sadurniño celebrará o vindeiro 18 de decembro o último mercado local do ano

FERROL360 | Venres 9 decembro 2016 | 8:27 O último mercado local do ano de San Sadurniño terá lugar o vindeiro domingo 18 de decembro. Os interesados en reservar espazo xa poden facelo cubrindo este formulario, que deben presentar no Rexistro municipal, ou na Casa da Cultura ou ben no enderezo agustin.perez@sansadurnino.gal. O prazo de presentación de solicitudes remata o martes 14 de decembro e a listaxe das admitidas publicarase o xoves 15. O obxectivo principal do mercado é promover o comercio de proximidade que permita darlles saída a todo tipo de artigos, aínda que poñendo o acento nos produtos de calidade do sector primario. En esencia trátase dunha feira coma as de antano pero actualizada para os novos tempos, posto que tamén incorpora un amplo abano de oferta en ...

Leer más »

Derradeiro día para apuntarse no mercado local de San Sadurniño deste domingo

FERROL360 | Mércores 22 xuño 2016 | 9:23 Os xardíns de San Sadurniño serán escenario este domingo do primeiro mercado local do verán. Un mercado no que poderemos atopar alimentos frescos e elaborados, produtos de artesanía, roupa, ferrallada antiga, libros, discos e outros obxectos de segunda man. Ás 14:00 horas péchase o prazo para a inscrición de postos. As solicitudes de espazo deben facerse cubrindo unha ficha, que deberá presentarse na Casa da Cultura en horario de mañá, ou ben no Rexistro, ou por fax ao: 981.490.474 ou a través do correo electrónico: agustin.perez@sansadurnino.gal. O listado de admisións publicarase o xoves. O mercado arrancará sobre as 10:00 horas, aínda que o movemento xa se notará desde dúas horas antes coa chegada de expositores ao recinto. Agárdase que para esta primeira ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies