Home / Archivo de Etiquetas: mosteiro de Santa Catalina

Archivo de Etiquetas: mosteiro de Santa Catalina

Arrancan as obras do cabildo do mosteiro de Santa Catalina para convertilo en sala de interpretación

FERROL360 | Venres 31 agosto 2018 | 10:10 O cabildo do mosteiro de Santa Catalina transformarase nunha sala de interpretación despois das obras de acondicionamento que acomete a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. As actuacións contan cuun importe de 102.499,96 euros e un prazo de execución de tres meses. Súmanse aos 60.000 euros invertidos este verán nas reparacións urxentes realizadas na fachada, tamén promovidas pola Consellería de Cultura co impulso do goberno local. Os traballos débense ás xestións realizadas polo Concello de Ares impulsando un novo proxecto para a posta en valor deste inmoble declarado Ben de Interese Cultural. A intervención, a primeira dentro das marcadas polo Plan Director do mosteiro, consisirá na recuperación de accesos propios da configuración orixinal do templo e traballos para frear o deterioro ...

Leer más »

Ares acolle este xoves unhas xornadas sobre violencia de xénero

FERROL360 | Martes 6 maio 2014 | 11:42 O mosteiro aresán de Santa Catalina de Montefaro será a sede da sétima edición das xornadas sobre a violencia de xénero que organiza o Concello. Dende as nove e media da mañá e ata pasadas as oito do serán, desenvolverase o programa ‘Ti non me controlas’, que pretende «educar no presente e previr para o futuro» en cuestión de violencia cara as mulleres. O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, inaugurará a xornada, para dar paso á conferencia ‘Os medios de comunicación e a violencia de xénero na xuventude’, desenvolvida pola xornalista e asesora de comunicación Bárbara G. Vilarinho. Despois dunha pequena pausa para o café, unha psicóloga e un responsable de márquetin exporán en mesa redonda o debate ‘Música, series e ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies