Home / Archivo de Etiquetas: Muíño de Pedroso

Archivo de Etiquetas: Muíño de Pedroso

Narón remata os traballos da reparación do muíño de Pedroso

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e Ibán Santalla, concelleiro de Servizos comproban os traballos do muíño de Pedroso (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Sábado 7 setembro 2019 | 19:12 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse a área recreativa da parroquia de Pedroso con motivo do remate dos traballos de reposición dunha parte da cuberta do muíño de Pedroso. Ferreiro valorou o resultado final da intervención acometida no edificio e recordou que supuxo un investimento ás arcas locais que rondou os 35.000 euros. «Saneamos a estructura do tellado, que presentaba algúns problemas de conservación pero que con cargo a este investimento quedou totalmente renovada», explicou o concelleiro. A intervención implicou a demolición da cuberta anterior, retirando as tellas, placas de fibrocemento, pontóns e cerchas para proceder á construción dunha nova na zona na que se atopa o propio muíño. Os traballos tamén incluíron a ...

Leer más »

O entorno do Muíño de Pedroso acolle este domingo a Festa do Río de Terra Galega

FERROL360 | Mércores 10 setembro 2014 | 19:08 O domingo 14 de setembro será unha data de celebración para os afiliados e simpatizantes de Terra Galega, xa que celebran a tradicional Festa do Río, na que esperan xuntar a máis de 700 persoas. A festa terá lugar no entorno do Muíño de Pedroso e comezará ás 14:00 horas. Durante o acto haberá intervencións do secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, e do alcalde de Narón e candidato ás próximas eleccións municipais do 2015, José Manuel Blanco. Blanco será o encargado de presentar ás persoas que formarán parte da candidatura de Terra Galega en Narón de cara ós comicios electorais do vindeiro ano. Unha vez rematada a parte política, darase paso á festa coa degustación da comida. Finalizado o ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies