Home / Archivo de Etiquetas: Museo do Humor de Fene

Archivo de Etiquetas: Museo do Humor de Fene

Exposición de Flor Taracido na Casa da Cultura de Fene dende este martes

FERROL360 | Martes 3 xullo 2018 | 14:03 A artista ferrolá Flor Taracido inaugura este martes, 3 de xullo, na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene a súa nova exposición chamada «Cores. O reflexo da alegría de vivir». A mostra coas creacións da pintora abrirá ás portas ás 20:00 horas nun acto con entrada libre presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa. A autora dos cadros medrou en ambientes moi creativos xa que provén dunha familia de artistas, principalmente de pintores e fotógrafos. A exposición reúne una serie de cadros nas que se notan os máis de 20 anos de experiencia da pintora que combina diferentes técnicas e estilos: carbonciño, plumilla, pastel, collage e, sobre todo, óleo. Taracido ten amosado a súa obra en ...

Leer más »

San André de Teixido, o castelo de Moeche e a Fraga do Eume, na oferta de Turismo Escolar da Deputación

FERROL360 | Martes 25 abril 2017 | 17:46 O Museo etnográfico da Capela, a ecoescola das Pontes, San André de Teixido en Cedeira, o castelo de Moeche, o Museo do Humor de Fene, a Fraga do Eume en Pontedeume e a horta de froitas autóctonas en San Sadurniño son algúns dos recursos que se incorporan á oferta de Turismo Escolar da Deputación da Coruña. A Área de Turismo da Deputación da Coruña convidou aos concellos a incorporar os seus recursos históricos, patrimoniais e naturais ao catálogo de de Turismo Escolar que se ofrece aos distintos centros de ensino da provincia. Deste xeito, arredor de sesenta propostas sumáronse á oferta de rutas da Deputación para completar a oferta á que poden optar grupos escolares co fin de coñecer mellor o territorio ...

Leer más »

O Museo do Humor de Fene incorpórase á rede de Turismo Escolar da Deputación da Coruña

Alumnos del CEIP Centieiras visitaron este jueves el Museo do Humor (foto: Concello de Fene)

FERROL360 | Sábado 17 decembro 2016 | 14:46 O programa de Turismo escolar da Deputación da Coruña combina un catálogo de recursos e rutas dispoñibles, e centraliza nun único lugar a posibilidade de programar as visitas que queiran facer os centros escolares da provincia. Deste xeito, os colexios interesados en visitar o Museo do Humor de Fene poden chamar ao 981 08 07 53 ou enviar un correo a turismo.escolar@dacoruna.gal para ver a dispoñibilidade de datas ou saber o número máximo de rapaces por grupo. Tanto a Deputación como o Concello porán á disposición do colexio unha persoa como guía que explicará os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Trátase de que a rapazada disfrute aprendendo sobre o patrimonio e a realidade sociocultural. O Museo do Humor é o ...

Leer más »

As tiras cómicas de «O bichero», Luís Davila, exporanse no Museo do Humor de Fene

FERROL360 | Xoves 6 outubro 2016 | 19:59 O Museo do Humor de Fene acollerá as populares tiras cómicas de «O bichero», Luís Davila. A exposición «Humor do país» abrirá ás súas portas o día 10 de outubro e poderá visitarse ata o 15 de novembro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. A inauguración oficial será o xoves 13, nun acto que comezará ás 20:00 horas e ao que asistirá o propio debuxante. Luís Davila é un humorista gráfico nado en Bueu e especialista en retratar o particular humor galego, facendo rir, mais tamén cavilar, aos lectores do xornal Faro de Vigo. Alcumado «O bichero», Davila combina no seu estilo unha ...

Leer más »

Fene abre este venres as portas da mostra «Francisco Ibáñez, el Mago del Humor»

FERROL360 | Xoves 26 novembro 2015 | 10:23 A mostra «Francisco Ibáñez, el Mago del Humor» inaugúrase este venres,, ás 20:00 horas, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene. Asistirán o alcalde, Juventino Trigo, a concelleria de Cultura e Ensino, Amalia García, e unha das comisarias da mostra, Elena Vergara. Ao remate do acto inaugural, realizarase unha visita guiada a cargo da comisaria da exposición. Ademais, os asistentes recibirán chapas conmemorativas, elaboradas por usuarios do centro ocupacional de Aspaneps de Fene. Ás 21:00 horas, tras a inauguración e dando fin o ciclo «Novembro, Mes do Humo», as persoas que previamente recolleran a invitación poderán asistir ao último espectáculo Que Cousas do coñecido narrador e contacontos Cándido Pazó. Visitas guiadas á exposición Dende a Concellería ...

Leer más »

Fene arranca motores para celebrar o ciclo «Novembro, mes do humor»

FERROL360 | Martes 3 novembro 2015 | 10:44 Lucía Aldao e María Lado, Luís Zahera, Camila Bossa e Iolanda Muíños e Cándido Pazó, serán os protagonistas do ciclo «Novembro, mes do humor» que celebra o Concello de Fene en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. As funcións programadas dentro do ciclo terán lugar os venres de novembro no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, ás 20:00 horas, agás a última obra que será ás 21:00 horas. As entradas serán de balde, pero é preciso recoller invitacións, máximo dúas por persoa, o mesmo día da actuación na conserxería da Casa da Cultura de Fene a partir das 16:00 horas. O ciclo «Novembro, mes do humor» comezará este venres día 6 coa actuación de Aldaolado, un dúo ...

Leer más »

Fene celebra o XXX aniversario do Museo do Humor coa exposición Pola Cara

FERROL360 | Domingo 23 novembro 2014 | 19:03 O Concello de Fene celebra este luns o acto central da programación deseñada para festexar o XXX Aniversario do Museo do Humor. Será coa inauguración da exposición de caricaturas Pola cara que terá lugar ás 18:00 horas. A Casa da Cultura acollerá a inauguración da mostra, un acto aberto á veciñanza no que intervirá o presidente da Deputación provincial, Diego Calvo; o alcalde, Gumersindo Galego; a edil Rocío Bértoa, e o humorista gráfico Siro López, e ao que asistirán representantes do mundo institucional, social e cultural da comarca. A mostra está producida polo propio Museo do Humor de Fene e nela amosarase unha importante colección de caricaturas doadas para a ocasión por 53 debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais. Entre as ...

Leer más »

O debuxante David Pintor impartirá un obradoiro de caricaturas en Fene o vindeiro luns

FERROL360 | Luns 17 novembro 2014 | 19:01 O obradoiro que impartirá o vindeiro luns David Pintor (Pinto&Chinto) no Museo do Humor de Fene leva por título «Seguro que sabes o que é un caricatura?». Dirixido a nenos de máis de dez anos e público adulto, plantéxase coma un obradoiro teórico-práctico no que o debuxante falará sobre o seu traballo como caricaturista e no que amosará unha selección das súas obras. A cita será de 16:30 a 18:00 horas e se inclúe na programación de actos do XXX aniversario do Museo do Humor de Fene. Ao remate do obradoiro, David Pintor realizará algunha caricatura en vivo. A actividade é completamente gratuíta e, para anotarse, tan só é preciso chamar ao teléfono 981.34.24.00 de luns a venres, de 8:00 a 14:30 ...

Leer más »

Carlota Cuesta dona a súa obra o Trono do Demo ao Museo do Humor de Fene

FERROL360 | Xoves 25 setembro 2014 | 17:29 A pintora e escultora madrileña Carlota Cuesta, que recentemente amosou os seus Divertimentos na sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene, dooou unha das súas obras ao Museo do Humor. Trátase de Trono do Demo, unha cadeira transformada en clave de humor que parte da idea de reconvertir unha cadeira corrente nunha especie de trono do demo. A obra formou parte da exposición internacional Objetos disfrazados que se realizou en 2011 na galería Ra del Rey, en Madrid. A relación de Carlota Cuesta co Museo do Humor de Fene iniciouse hai un ano, froito dunha visita da artista a Fene e ao Museo do Humor, onde a artista descubriu un dos debuxos do seu pai, o debuxante Ismael Cuesta. A ...

Leer más »

El Museo do Humor de Fene recibe 21 caricaturas del dibujante vigués Michel Casado

FERROL360 | Lunes 15 septiembre 2015 | 14:49 El Museo do Humor de Fene acaba de recibir una donación muy especial. Se trata de 21 caricaturas entregadas por su autor, el dibujante vigués Michel Casado, las cuales pasan desde ahora a formar parte de los fondos de la sala. Las obras muestran a personajes gallegos relevantes en ámbitos como la cultura, la política o el deporte. Las caricaturas están en formato A1, y fueron realizadas en 2009 con técnica digital, para después imprimirse en PVC. Entre los personajes retratados que ahora se expondrán en Fene, están reconocidos como la gaiteira Susana Seivane; los actores Luis Tosar o Teté Delgado; los modistos Adolfo Domínguez y Roberto Verino; televisivos como Xosé Manuel Piñeiro o Luis Piedrahita; el cardenal Rouco Varela; gente del ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies