Home / Archivo de Etiquetas: Museo Mares de Cedeira

Archivo de Etiquetas: Museo Mares de Cedeira

Cedeira recupera a rapeta para os máis novos da vila

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 7:56 A mocidade cedeiresa está citada o vindeiro luns na praia da Madalena ás 11:00 horas da man do Museo Mares de cedeira para recrear a rapeta, unha arte de pesca típica da vila que leva anos prohibida. A actividade, na que non perecerá ningún peixe, senón que haberá devolución dos exemplares ao mar, conta co respaldo da Consellería e coa colaboración da confraría, o Concello e o Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Mariña-Ortegal. A rapeta era un arte para autoconsumo familiar que os cativos coñecerán de preto meténdose na auga e tirando do aparello, como os máis vellos da vila lembrarán ter feito algúns anos atrás.

Leer más »

O Museo Mares de Cedeira recibiu a visita de 2.100 persoas dende a súa inauguración

FERROL360 | Martes 6 setembro 2016 | 13:39 Un total de 2.100 persoas coñeceron o Museo Mares de Cedeira dende a súa inauguración, o pasado 23 de xullo. Unha cifra que para os representantes da Asociación Mares de Cedeira, xestores da exposición, avala as instalacións e indican que «o museo cumpre con moito os nosos obxectivos». Membros da Asociación teñen previsto reunirse nos próximos días con responsables do colexio Nicolás del Río a fin de traballar na elaboración dunha unidade didáctica para a promoción do museo no ámbito escolar. Asi mesmo, os responsables da entidade agradecen a colaboración que veñen recibindo, incluso antes da inauguración, por parte da Sociedade Galega de Historia Natural para axudar a contextualizar algúnhas das pezas. Ata o 15 de setembro, o museo abrirá mañá e ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies