FERROL360 | Sábado 1 febreiro 2020 | 12:44 O Océano Surf Museo busca unha imaxe que o represente neste 2020 en forma de Mascota do Ano. E faino entre o alumnado do CPI Atios e as escolas unitarias do CRA O Esquío. Trátase dunha convoctaria aberta a todos os menores destes centros sen importar o curso e a idade. O alcalde de Valdoviño, Alberto González indicou que o Concello plantéalles o reto de participar no concurso de debuxo convocado para tal fin. As normas obrigan a facer o deseño sobre unha cartolina branca tamaño A4. Nela deben debuxar ao protagonista en forma de animal mariño que reflicta o espírito e os valores deste deporte. Ademais, tamén o deben relacionar co surf e co océano. A técnica para facelo é libre. ...
Leer más »Verdegaia promove unha brigada deseucaliptizadora en Ferrol
FERROL360 | Martes 14 xaneiro 2020 | 17:05 A entidade de voluntariado medioambiental Verdegaia promove unha brigada deseucaliptizadora en Ferrol o vindeiro sábado 18 de xaneiro na Asociación Veciñal de Valón. Esta acción de restauración terá lugar a partir das 09:00 horas. Consiste na prantación de árbore autóctona como castiñeiros, bidueiros e carballos nunha parcela privada dunha hectárea. O prazo para anotarse a esta iniciativa remata o vindeiro xoves 16 de xaneiro. Para poder inscribirse como brigadista e participar como voluntario nas diferentes accións de Verdegaia é imprescindible rexistrarse na web e cubrir o seguinte formulario. Unha vez inscrito a persoa voluntaria debe comunicar ao coordinador da actuación o seu interese de participar, neste caso en Ferrol, mediante un correo a seguinte dirección, feryanezmarcelin@gmail.com. O obxectivo das brigadas e promover ...
Leer más »A Xunta permite queimas forestais desde o luns
FERROL360 | Domingo 7 abril 2019 | 18:44 A Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural permitirá de novo dende o luns día 8 de abril, tramitar permisos para facer queimas forestais de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o 10 de abril será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas. Polo tanto, a partir do vindeiro luns ás 00:00 horas poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería de Medio Rural neste enlace. Ademais, en días laborais, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Deste xeito, todos os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas ...
Leer más »El Concello de Cedeira denuncia ante el Seprona un nuevo vertido en el Condomiñas
FERROL360 | Viernes 15 septiembre 2017 | 19:19 El Concello de Cedeira ha denunciado esta semana ante el Servizo de Proteción da Natureza (Seprona) un nuevo «vertido incontrolado» en el río Condomiñas. Explican fuentes municipales en un comunicado que los hechos sucedieron este pasado lunes cuando, sobre las siete de la tarde, aparecía «unha gran mancha de escuma de cor parduzca, na que destacaban unhas bolas de tamaño considerable» cerca de la desembocadura, relatan. A la hora de buscarle una explicación a la mancha, el Concello baraja dos posibilidades. Por un lado, apuntan, podría deberse a una descarga de una fosa séptica, algo «dubidoso polo excesivo do seu tamaño para proceder dun domicilio concreto»; o bien proceder de la EDAR. El Gobierno local pide al Seprona que investigue el origen ...
Leer más »O obradoiro «Chef solar» chega ao CPI do Feal de Narón
FERROL360 | Xoves 9 xuño 2016 | 11:49 Un total de 92 alumnos de primeiro e segundo de ESO do CPI do Feal participarán no obradoiro «Chef solar» do programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, dirixidos á comunidade escolar. A actividade, que se desenvolverá este venres, pretende achegar a enerxía solar e a nutrición saudable aos escolares. Os alumnos coñecen diferentes modelos e o funcionamento e montaxe dunha cociña solar e traballan tamén con dous tipos de forno solar. Esa é a parte demostrativa da xornada, precedida por unha sesión na que reciben unhas nocións básicas e información sobre a radiación solar, ao tempo que coñecen a labor de entidades como a Fundación Terra. Este colectivo promove a sensibilización ambiental entre a sociedade, fomentando as enerxías renovables, especialmente ...
Leer más »Bruno Díaz, edil de Servizos: «Un dos nosos proxectos é xerar unha cultura colectiva de reciclaxe en Ferrol»
MARTA CORRAL | Ferrol | Martes 7 xuño 2016 | 8:32 A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, dirixida polo edil Bruno Díaz, segue a traballar por mellorar os datos de reciclaxe e recollida selectiva na cidade. Este luns, de feito, en colaboración con Ecovidrio, ven de instalar 22 novos colectores de vidro cun novo sistema que axiliza a tarefa aos hostaleiros, xa que están dotados cun novo sistema de elevación. En total, Ferrol conta con 246 contenedores verdes, un por cada 282 habitantes. A reciclaxe do vidro e unha das teimas da área de Díaz, posto que aínda que medrou no 2015 nun 40,2 % -41 envases por persoa, uns 10,7 quilos por habitante-, a cidade segue por debaixo da media galega. O Plan Marco de Residuos de ...
Leer más »Medio Ambiente retira árbores caídas no río Freixeiro en Narón para evitar asolagamentos
FERROL360 | Sábado 6 xuño 2015 | 17:24 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas levou a cabo accións para a conservación do río Freixeiro en Narón co obxectivo de evitar o asolagamento nos períodos de choivas abundantes e intensas. Así, procedeuse a retirar árbores, pólas e outros elementos de madeira que obstaculizaban a canle do río ao seu paso pola zona da Ponte en Xubia. Estas tarefas afectaron a un percorrido total de 480 metros e tiveron un custo aproximado de 8.400 euros. Tamén retiraronse árbores nun treito de 50 metros que afectaba ao lugar de Cadaval. Neste caso, o custo aproximado é de 2.900 euros. En total, a Xunta investiu 11.300 euros nestas labores, que se realizan a través de Augas de Galicia.
Leer más »San Sadurniño acolleu a edición máis exitosa da súa Feira Rural
FERROL360 | Domingo 31 agosto 2014 | 18:45 A sexta edición da Feira Rural de San Sadurniño que se celebrou este sábado na Cortiña quedaba pequena para os milleiros de visitantes que se achegaron ata a carpa onde 131 postos agardaban polo mellor postor. Productos da terra, alimentos, artesanía, artigos de segunda man e troco, plantas ou maquinaria agrícola; a Feira Rural ofreceu todo tipo de artículos dende as dez da mañá ata as nove da noite. Os máis demandados foron os froitos da horta, o pan e os doces, pero sobre todo o aceite da Fala extremeña, promovido polo Concello, do que se venderon 70 garrafas. Os paseos en canoa polo Xubia tiveron moi boa acollida, o mesmo que os obradoiros de cociña creativa ou a actuación de Roi ...
Leer más »Último día para inscribirse na saída pola Ruta dos Muíños de Esmelle que organiza a SGHN
FERROL360 | Mércores 27 agosto 2014 | 11:27 Ver as modificacións da fauna e flora ao longo das estacións do ano é a finalidade que perseguen as saídas gratuitas que organiza a Sociedade Galega de Historia Natural pola Ruta dos Muíños de Esmelle. Trátase dunha ruta de catro quilómetros de percorrido e de dificultade baixa Para poder ver estas modificacións os asistentes utilizarán guías de campo. A data da saída é o 30 de agosto ás 10:00 horas desde o local da Asociación de Veciños de Esmelle e finalizará aproximadamente ás 13:00 horas. Pode participar calquer persoa interesada. Para participar nas rutas hai que apuntarse a través do correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos seguintes teléfonos 881.93.13.15 e 698.141.384, en horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de ...
Leer más »Ata 35 postos exhibirán os seus produtos na Feira da Plantación de San Sadurniño
FERROL360 | Xoves 24 abril 2014 | 13:46 O Concello de San Sadurniño traballa estes días na organización da edición número dezanove da Feira da Plantación, unha cita que terá lugar este domingo na contorna do CPI. Coa colaboración de Planteles Vivergal e a Deputación da Coruña, a cita ten como obxectivo «promocionar a produción e a comercialización agrícola da zona xunto coas posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural». Deste xeito, os diferentes postos de viveiros de plantas, florerías, comerciantes de horta e maquinaria e, algúns tamén, de alimentación e artesanía, ocuparán a explanada baixo unha carpa de 2.000 metros cadrados para vender o seus produtos. A actividade comezará pola mañá e se prolongará ata as seis ou sete da tarde. Haberá establecementos para xantar e os asistentes recibirán ...
Leer más »