Home / Archivo de Etiquetas: Natureza (página 2)

Archivo de Etiquetas: Natureza

Abre o prazo para inscribirse na XIX Feira da Plantación de San Sadurniño

FERROL360 | Martes 8 abril 2014 | 14:50 O vindeiro 27 de abril, San Sadurniño celebrará a edición número dezanove da Feira da Plantación, unha cita que conforma un rico escenario de flora autóctona, enchendo de colorido primaveral o municipio. O que se pretende é potenciar as «posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural», tal e como indica o consistorio, que por segundo ano consecutivo asume a organización dun evento que durante dezasete anos foi levado a cabo pola asociación Bidueiro. Ademais, coa feira queren «promocionar a produción e comercialización agrícola da zona», acollendo numerosos expositores -principalmente locais e comarcais- para a venda de árbores, flores, produtos de horta e maquinaria. Terá lugar dende a mañá ata ben entrada a tarde na explanada do CPI de San Sadurniño, onde se ...

Leer más »

Narón ule a camelia

FERROL360 | Venres 21 marzo 2014 | 16:46 Narón convértese no centro mundial das camelias durante este venres e sábado coa celebración da X Mostra da Camelia Cidade de Narón e o VI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón. No día de hoxe, os membros do Internacional Camellia Congress visitaron a Mostra e espérase a visita dun centenar de congresistas vidos de Australia, China, Xapón, Portugal e Italia. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, fixo entrega de senllas figuras conmemorativas á presidenta da International Camellia Society, Patricia Short, e á presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero. Este venres, ás 17:30 horas, entréganse os premios do VI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón no centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón.

Leer más »

Máis de 30 expositores participan na X Mostra da Camelia, que se celebra esta fin de semana en Narón

FERROL360 | Luns 17 marzo 2014 | 17:52 A X edición da Mostra da Camelia e o VI Concurso de Flor de Camelia celebraranse este venres e sábado no centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón. A Asociación Galega da Camelia, organizadora da mostra, ten confirmada a presenza de 32 expositores de Galicia e Asturias, pero podería sumarse algún máis posto que aínda está aberto o prazo de inscrición. A principal novidade deste ano será a visita de máis dun centenar de congresistas da International Camellia Society. Trátase de visitantes de distintas partes do mundo, entre os que hai australianos, chineses, xaponeses, portugueses e italianos. Acudirán a Narón este venres 21, en torno ás 13:00 horas, para contemplar a mostra. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou que ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies