ARY LÓPEZ | Mércores 9 outubro 2013 | 16:52 Noites na Capela, o ciclo promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, aposta este xoves pola canción comprometida. Chega ao Torrente Ballester a sensibilidade, a maxia das palabras feitas música soando na boca de Silvia Penide. A súas letras son solidarias, cheas de forza, valor e sentimento, e visita Ferrol con novo traballo discográfico titulado Animal de compañía. Un disco ao que a artista admite ter que «coidar porque é a miña responsabilidade, e porque me dá tantas satisfaccións». De aí que sexa a súa mascota máis prezada; unha obra que recolle o seu lado máis persoal e atrevido. A cantante coruñesa leva máis dunha década de carreira musical, e este último disco, o seu quinto álbum, representa a ...
Leer más »A danza contemporánea de Momento Blooming alumea este xoves as Noites na Capela
FERROL360 | Mércores 2 outubro 2013 | 17:06 Unha proposta cultural diferente chega este xoves ao Centro Torrente Ballester. As habituais actuacións puramente musicais, que enchen semanalmente o ciclo Noites na Capela, abren paso a un espectáculo de danza contemporánea. Cristina Montero e Rut Balbís dirixen Momento Blooming, un show que mistura o íntimo co superficial, a risa co pranto, a realidade coa ficción… Os opostos en torno á danza funcionan á perfección nesta experiencia innovadora que chega da man destas dúas artistas que aseguran ter a solución aos nosos problemas. A súa suxestión é contemplar o espectáculo onde «corpo, movemento, música e danza se xuntan para facer un cóctel anticrise». A representación terá lugar este xoves ás 21:00 horas, e o custo das entradas é de 4 euros. Están ...
Leer más »A música de Marcos Mella soará este xoves no Torrente Ballester
FERROL360 | Mércores 25 setembro 2013 | 16:44 O ciclo musical Noites na Capela despide o mes de setembro acollendo no tradicional escenario da capela do Centro Torrente Ballester a actuación do ferrolán Marcos Mella. Xogando en casa e presumindo de último traballo, La canción del bolsillo roto é un álbum gravado no verán de 2012 nos estudios Aboriginal Records de Cedeira, que recolle cinco temas compostos polo propio autor. Acompáñano os músicos Fran Rey (teclados e acordeón), Fernando Couce (batería), José Luis Cuba (bajo), Manu Clavijo (violín), Álvaro Lamas (steel guitar), Juan Cabe (guitarras) e Yago Rodríguez (coros). O seu novo disco inclúe tamén o ‘bonustrack’ El futuro nace hoy, interpretado por diversos artistas como Javier Ojeda (Danza Invisible), Joaquín Padilla (Iguana Tango) ou Pablo Perea (La Trampa). Ademais, Mella ...
Leer más »El Vodevil acústico recala este jueves en el Centro Torrente Ballester
FERROL360 | Miércoles 18 septiembre 2013 | 14:46 Dos guitarras, un bajo y una voz componen el acústico del grupo Vodevil. Tras haber tocado en varios escenarios de la comarca, hacen parada, tal y como habían prometido, en el Centro Torrente Ballester para deleitar al público con sus melodías más calmadas. Después de desenchufarse un tiempo de su etapa más roquera, deciden volver a los orígenes con sus canciones desnudas que se mueven entre el pop y el blues. En el ciclo musical Noites na Capela, harán sonar los temas de su primer trabajo discográfico Que vengan a por mí y alguna que otra versión. Las entradas para el concierto, que comenzará a las 21:00 horas, cuestan 3 euros y se pueden adquirir en el teléfono 981 944 245, en ...
Leer más »O cantautor Emilio Rúa actuará este xoves no Centro Cultural Torrente Ballester
FERROL360 | Mércores 11 setembro 2013 | 17:56 O ciclo musical Noites na Capela trae esta semana a un artista ourensán de longa traxectoria artística. Comezou cantando na orquestra familiar Concorde Atenea que lle permitiu percorrer toda Galicia e posteriormente participar nalgún concurso. Da o salto á produción discográfica, cando no ano 2000 publica o seu primeiro disco que contou coa colaboración da cantante Uxía Senlle. Visitou o Instituto Cervantes de Leeds e de Manchester, onde tivo a oportunidade de actuar compartindo escenario con artistas como Pedro Guerra ou Ismael Serrano. En 2004 e 2005 participou en diversos certames da canción de autor acadando o segundo e primeiro premio cantando en galego. En 2006 grava Vida Miña, o seu segundo traballo discográfico que supuxo un punto álxido na súa carreira ...
Leer más »Noites na Capela inaugura setembro co concerto de César de Centi
FERROL360 | Mércores 4 setembro 2013 | 19:31 Despois dun mes de vacacións, a tenue luz da capela do Centro Cultural Torrente Ballester volve acenderse para celebrar un xoves máis o ciclo de concertos Noites na Capela. Esta vez, o responsable de encher con música o local ferrolán, é o cantautor coruñés César de Centi. Con máis dunha década de carreira musical, este artista comprometido leva recorrido moitos locais da nosa xeografía. Realizou numerosas colaboracións en concertos e discos de outros artistas, participou en festivais da canción de autor e a súa vena solidaria reflíctese no compromiso que adquire actuando en campañas e concertos para diferentes oenegués. Considérase un afortunado de ter compartido escenario con artistas como Gustavo Almeida, Marwan, Tontxu , ou o seu querido Carlos Chaouen. Actualmente prepara ...
Leer más »O cantautor Miguel Castro actúa este xoves na capela do Centro Torrente Ballester
ARY LÓPEZ | Xoves 11 xullo 2013 | 10:17 Nova cita coa música dentro do circuito cultural Noites na Capela, que reúne neste edificio ferrolán a artistas de diversos estilos e procedencias. Miguel Castro visita o Torrente para presentar o seu primeiro traballo, producido por el mesmo e titulado ‘Dos toboganes’, e adiantará tamén algunhas das cancións do seu vindeiro disco, que levará por nome ‘Cosillas (los martes los tenedores no se caen)’. Os amantes de Bob Dylan, Glen Hansard ou Jorge Drexler poderán ver que Miguel Castro atopou neles certa inspiración artística. Ademais de traballar ritmos coma a bossanova, o swing, o country ou o folk, tamén emprega loops, que veñen sendo pequenas pezas grabadas nos seus concertos. Métese na pel de varias personaxes interpretando rexistros que van desde ...
Leer más »