Home / Archivo de Etiquetas: Novas tecnoloxías

Archivo de Etiquetas: Novas tecnoloxías

Os maiores achéganse á tecnoloxía en Igrexafeita

FERROL360 | Luns 9 novembro 2015 | 19:48 A Aula da Rede CeMIT de San Sadurniño iniciou este luns en Igrexafeita unha nova rolda de cursos itinerantes polas parroquias co obxectivo de facilitarlle á xente, especialmente á de máis idade, o achegamento ás tecnoloxías da información e do coñecemento. Neste curso introdutorio ás TIC participan 12 persoas en dous grupos, un que comeza e outro que xa ten coñecementos básicos adquiridos en anteriores accións formativas. En Igrexafeita abordaranse tres grandes bloques de contidos -unha introdución á informática e á Internet, achega á administración electrónica e ás redes sociais coa fotografía e imaxe dixital-. Outro dos seus obxectivos é seguir atraendo persoas cara ao proxecto colaborativo falamedesansadurnino.org, que continúa medrando grazas ás contribucións veciñais en forma de faladas, fotografías e outras ...

Leer más »

Charla sobre violencia de xénero e novas tecnoloxías este martes en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 13 xaneiro 2015 | 12:26 Rapazada, familias e profesorado de San Sadurniño están chamados para participar este martes nun obradoiro co que se busca previr o uso da tecnoloxía da información e a comunicación como ferramenta para exercer a violencia de xénero. A Casa da Cultura acolle este martes o obradoiro que se desenvolverá entre as 15:30 e as 18:30 horas. A charla divídese en dúas partes. A primeira, enfocada aos rapaces, pón o acento sobre o perigo dun mal uso das redes sociais e a telefonía móbil nas relacións entre a mocidade, pero tamén sobre como empregalas dunha forma útil. Na segunda parte, aberta a pais, nais e profesionais do ensino, incidirase especialmente sobre como detectar e atallar a tempo condutas tan perigosas coma o ciberacoso ...

Leer más »

Cedeira organiza un obradoiro de emprendemento para mozos baseado nas novas tecnoloxías

FERROL360 | Venres 31 outubro 2014 | 10:42 O obradoiro «Emprendendo dende a Rede» está dirixido especialmente á poboación menor de trinta anos, aínda que tamén poderán participar aqueles que superen esta franxa de idade. No mesmo, abordaranse dúas temáticas principalmente: o emprendemento dende os blogs e o sistema de cofinanciamento de crowfunding. Este seminario terá lugar o 7 de novembro no Auditorio Municipal de Cedeira, en horario de 10:30 a 12:30 horas, e a participación é completamente gratuíta. Así, as personas interesadas en participar poden anotarse na Axencia de Emprego do Concello –na planta baixa da casa consistorial– de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies