JOSÉ RAMÓN CAAMAÑO | Ferrol | Martes 20 agosto 2013 | 19:14 Todo relato que desexa ser contado nace dun fío do que alguén lle da por tirar, desfacendo o novelo ó tempo que entretece un tapiz de sucesos. A miña historia, a de Andrés Bello, tivo como orixe un tambor que elixiron deixar de tocar e aparcalo nun recuncho da igrexa do Socorro, en Ferrol. Alí o recolleu o meu pai, e dende alí chegou á miña habitación. Cautivoume a súa beleza, e intrigoume a súa pegatina: Somede. Pequena parroquia de menos de 50 habitantes ó norte de As Pontes, San Mamede de Somede semella un deses lugares onde a cidade é un conto que algúns din ter vivido. Un deses núcleos rurais abocados ó esquecemento se nada fai ...
Leer más »