FERROL360 | Sábado 30 xaneiro 2016 | 10:28 A Aula de Ecoloxía Urbana pon en marcha un novo obradoiro para adultos de reciclaxe de latas para convertelas en artigos do fogar. Esta actividade, que é de balde, terá lugar na fin de semana do 6 e 7 de febreiro. Antes de tirar unha lata ao lixo é importante pararse e pensar en todas as posibilidades que ofrece. E é que con ela podemos facer desde un lapiceiro ata un floreiro. «Só hai que botarlle un pouco de imaxinación, seguir os consellos do obradoiro e facer da lata algo práctico, decorativo e mesmo fermoso», apuntan as educadoras. Os interesados en participar nesta actividade deben apuntarse antes do día 4 de febreiro no enderezo electrónico: aeuferrol@mundo-r.com ou no teléfono: 981.944.222. O obradoiro ...
Leer más »Obradoiros, produtos artesáns e ecolóxicos, no VII Nadal Solidario
FERROL360 | Sábado 19 decembro 2015 | 14:57 Artesanía en coiro, roupa para nenos, bisutería, produtos ecolóxicos, obradoiros participativos e demostrativos, son algunhas das propostas que podemos atopar na VII edición do Nadal Solidario de Ferrol. Esta Feria de artesáns e agricultura ecolóxica está situada nunha carpa no Cantón de Molíns ata o vindeiro 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, pechando o día 25 de decembro e o 1 de xaneiro. A Asociación de artesáns Artefeito Caseiro en colaboración co Concello de Ferrol, organizan esta iniciativa que ten como obxetivo achegar á poboación unha alternativa na que praticar nun consumo conscente e responsable nas datas do Nadal. E é que o 7 % das vendas dos artesáns iran destinadas a un ...
Leer más »Obradoiros de doces e agasallos de Nadal este sábado no antigo Hospicio
FERROL360 | Mércores 16 decembro 2015 | 17:38 A Concellería de Participación de Ferrol organiza un obradoiro de doces de Nadal para maiores e outro de agasallos para os máis pequenos este sábado. Os obradoiros son de balde e levaranse a cabo no antigo Hospicio de Amboaxe. As prazas son limitadas e hai que inscribirse no número: 650.173.205. Os peques aprenderán a realizar agasallos de Nadal con arxila máxica, que non mancha e é lixeira e suave. Poderán participar nenos de entre 3 e 10 anos e hai 30 prazas. A actividade será este sábado de 12:00 a 13:30 horas. Pola tarde, en horario de 16:00 a 18:30 horas, terá lugar o obradoiro de doces de Nadal para maiores de 16 anos. Hai 15 prazas.
Leer más »Obradoiro gratuíto de adornos do Nadal na Aula de Ecoloxía Urbana
FERROL360 | Mércores 25 novembro 2015 | 13:44 Os vindeiros 5 e 6 de decembro a Aula de Ecoloxía Urbana levará a cabo un obradoiro gratuíto de adornos de Nadal. Os participantes aprenderán a facer os seus propios adornos con papel e madeira, fuxindo do consumismo excesivo destas datas. A actividade impartirase na aula, sita no Cantón de Molíns, en horario de 16:15 a 17:45, e neste caso está aberta á participación de adultos. Aínda que o obradoiro é de balde, os interesados deberán aportar unha serie de materiais. Son os seguintes: barra de pegamento, cola branca de madeira e papel, revistas para tirar e un pao estreito e longo para facer roliños coas páxinas. Os interesados en participar deben anotarse antes do 3 de decembro na seguinte dirección: aeuferrol@mundo-r.com ...
Leer más »Pontedeume inicia os obradoiros de pintura, ioga e bailes de salón
FERROL360 | Mércores 18 novembro 2015 | 11:08 Este mércores arrancan os obradoiros culturais organizados polo concello de Pontedume, que ofertan pintura, ioga, bailes de salón, corte e confección. Os obradoiros terán lugar ata o mes de abril e o grupo mínimo esixido para a realización de cada un é de dez ou quince persoas. Ao remate do prazo de inscrición, se é o caso, poderán inscribirse noutro dos talleres nos que haxa praza. Así,bailes de salón terá lugar os venres de 20:30 a 22:00 horas; pintura os mércores de 16:00 a 19:00 horas. Corte e confección será os luns de 17:30 a 20:30 horas, martes de 09:30 a 12:30 horas, xoves de 16:00 a 19:00 horas e venres de 16:00 a 19:00 horas. Por último, ioga será os luns ...
Leer más »Últimos días para inscribirse no obradoiro Coidando á coidadora de Narón
FERROL360 | Domingo 27 setembro 2015 | 16:53 O vindeiro 30 de setembro finaliza o prazo de inscrición para participar no obradoiro Coidando á coidadora, enmarcado no II Plan de Igualdade do Concello de Narón. Os destinatarios desta iniciativa son homes e mulleres coidadores non profesionais maiores de 18 anos. As persoas interesadas deben anotarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8.30 a 13.00 horas, presentando a instancia correspondente xunto cunha fotocopia do DNI. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e a concesión das mesmas comunicarase por teléfono. O obradoiro Coidando á coidadora desenvolverase os venres entre o 2 de outubro e o 18 de decembro, en horario de 18.30 a 20.30 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. As sesións permitirán aos participantes adquirir habilidades ...
Leer más »Aprende a elaborar o teu propio deterxente en po para a lavadora na Aula de Ecoloxía Urbana
FERROL360 | Xoves 4 xuño 2015 | 15:05 A Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol ten en marcha un novo obradoiro para adultos no que os participantes aprenderán a elaborar deterxente en po para a lavadora. Esta actividade, totalmente gratuíta, terá lugar os días 6 e 7 de xuño. Os interesados deben escoller unhas das dúas datas. O material necesario corre a cargo da Aula, aínda que se recomenda aos participantes levar mandil e guantes. O horario en que se desenvolverá o obradoiro é de 17:15 a 18:30 horas. A data límite de inscrición é este xoves no enderezo electrónico auferrol@mundo-r.com ou o número de teléfono 981 944 222.
Leer más »Homenaxe en Ares este sábado aos fuxidos no Bou «Ramón»
FERROL360 | Venres 9 xaneiro 2015 | 19:26 O Concello de Ares e a Asociacion Memoria Democrática organizan este sábado unha homenaxe aos republicanos que no ano 1939 fuxiron a Francia no Bou «Ramón». A cita será na Alianza Aresana, a partires das 11:00 horas. Así, terán lugar dúas conferencias dos historiadores Eliseo Fernández e Enrique Barrera, que falarán sobre a fuxida que protagonizaron os republicanos e as súas consecuencias. A continuación, desenvolverase un obradoiro de memoria no que participarán descendentes dos protagonistas, para contar cómo foron as súas vidas logo da fuxida. Será de 17:00 a 20:00 horas A xornada completarase cunha representación artística na que participarán o actor Roberto Leal -fillo dun dos protagonistas-, e o músico ferrolán Víctor Aneiros. O acto rematará ás 20:30 horas descobrindo nos ...
Leer más »Fene celebra este sábado a Mostra de Actividades Xuvenís ExpressArte
FERROL360 | Venres 26 decembro 2014 | 15:13 A Mostra de Actividades Xuvenís ExpressArte clausura este sábado os talleres do programa municipal Espazo Novo. Un programa dirixido a mozos a partires de once anos que, nos últimos meses, ofreceu obradoiros de grafiti e cultura urbana, fotografía creativa, danza ou artes escénicas. Os rapaces amosarán algo do aprendido e farano este sábado na praza do Concello, a partires das 17:00 horas. Así, está programada unha exposición fotográfica, unha exhibición de artes escénicas e danza e unha mostra de grafiti. Desde o Concello animan aos veciños a achegarse a este espazo e desfrutar dos traballos da mocidade participante. Os obxectivos do programa foron ofrecer aos mozos ferramentas para expresarse e participar socialmente dacordo cos seus gustos e inquedanzas; favorecer a creación, a ...
Leer más »A AVV Val de Esmelle organiza a Feira de Nadal este domingo
FERROL360 | Mércores 3 decembro 2014 | 13:24 Un ano máis, a asociación de veciños Val de Esmelle organiza a Feira de Nadal, que se desenvolverá nunha carpa situada no local social da entidade. A feira terá lugar o domingo 7 de decembro e o programa contempla un sen fin de actividade para toda a xornada. Así, ás 10:00 horas será a inauguración da feira coa apertura dos postos de artesanía, produtos da terra, roupa, adornos propios do Nadal e antigüidades, entre outros. A esa mesma hora dará comezo tamén un obradoiro de cestos con bimbios. Non será o único obradoiro, xa que ás 12:00 haberá dous máis, un de zoqueiro e outro de scrap para nenos. Media hora máis tarde, que xa a barriga comezará a protestar, haberá unha ...
Leer más »