Home / Archivo de Etiquetas: Oenach Atlántico 2016

Archivo de Etiquetas: Oenach Atlántico 2016

O Oenach Atlántico repite éxito de público un ano máis

FERROL360 | Luns 1 agosto 2016 | 10:14 O Oenach Atlántico de Sedes é unha das citas máis importantes no calendario festivo da comarca e nesta XVIII edición amosou, unha vez máis, que é sinónimo de éxito. Centos de persoas participaron durante toda a fin de semana nas actividades programadas no recinto feiral do Trece. «Un ano máis, estamos moi satisfeitos co gran respaldo que tiveron as diversas actividades organizadas con motivo desta décimo oitava edición do Oenach Atlántico de Sedes», asegurou Marián Ferreiro, concelleira de Cultura de Narón. Ferreiro salientou, ademais da gran afluencia de xente, o papel e o traballo da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes, que organiza conxuntamente co Concello esta cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Os obradoiros para os nenos ...

Leer más »

A XVIII edición do Oenach Atlántico de Sedes abre as súas portas

FERROL360 | Sábado 30 xullo 2016 | 13:55 O recinto feiral do Trece acolle esta fin de semana a décimo oitava edición do Oenach Atlántico de Sedes. Unha cita na que se desenvolverán unha gran variedade de actividades artesanais, teatrais, deportivas, musicais e de baile, así como un mercadiño artesán. A programación arrancou este venres á noite coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial nas pallozas da Aldea Castrexa e o concerto de Leilía, incluída na Noite de Música Galiciana. Este sábado procedeuse á apertura da Campa castrexa na que veciños e visitantes poderán mercar diferentes artículos nos trinta postos que compoñen o mercadiño artesán. Ao longo do día haberá mostra da artesanía de Luthieres; artesanía en vivo e obradoiros didácticos sobre construción de vivenda, tecido, cociñado castrexo, photocall ...

Leer más »

Teatro, música tradicional galega e varios obradoiros para celebrar o Oenach Atlántico 2016

FERROL360 | Venres 24 xuño 2016 | 12:15 Do 29 ao 31 de xullo Sedes celebrará unha das súas citas culturais más importantes: o Oenach Atlántico 2016. A XVIII edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia contará cun completo e variado programa de actividades con teatro, música tradicional galega e varios obradoiros. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro e a presidenta da AVV Rosa dos Ventos, Julia Montero, foron as encargadas de presentar as actividades e o cartaz desta edición este venres no local social de Sedes. Ferreiro salientou o traballo que ano tras ano realizan os veciños «para manter en pé esta celebración coa que se aposta por recuperar e dar a coñecer a tradición e cultura galegas». O programa comezará o día 29, ás 21:00 horas, coa ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies