Home / Archivo de Etiquetas: Orzamentos Narón 2016

Archivo de Etiquetas: Orzamentos Narón 2016

Narón aproba os orzamentos para 2016

FERROL360 | Venres 29 xaneiro 2016 | 12:41 O goberno de Narón aprobou este xoves en pleno os orzamentos locais para 2016, que ascenden a 28,9 millóns de euros. Estes orzamentos contaron co voto favorable dos grupos que conforman o goberno e tamén do concelleiro de Esquerda Unida. Partido Popular e Eliximos Narón Electores votaron en contra. O alcalde, José Manuel Blanco, destacou que se trata dun documento elaborado nun marco de «austeridade» e co que se aposta por continuar priorizando ás persoas, tanto no que respecta ás axudas para os máis necesitados como para o mantemento dos servizos que se ofrecen aos veciños. As contas locais supoñe un incremento do 3,18 % con respecto ao ano anterior, é dicir, 892.312 euros máis que no 2015. Antes de votar a ...

Leer más »

Eliximos Narón critica os orzamentos e pide maiores partidas para o fomento do emprego

FERROL360 | Mércores 27 xaneiro 2016 | 10:25 O grupo de Eliximos Narón Electores non está de acordo coa distribución económica por concellerías que realizou goberno local nos orzamentos de 2016. ENE considera que o Concello gasta demasiado en festas, deporte e cultura, e reclama que as actividades para o fomento do emprego deberían ter máis peso e recibir unha partida maior. Eliximos Narón Electores critica que o goberno local utiliza a vella práctica romana do «pan e circo». Así, nun comunicado, explica que o «pan» correspóndese coa asistencia social para garantir a subsistencia e o «circo» son as festas, os deportes e as actuacións culturais. Atendendo ao desglose do orzamento por estes sectores, ENE sinala que a para asistencia social primaria destínanse 2,5 millóns de euros, mentres que para ...

Leer más »

Os orzamentos de Narón ascenden a 28,9 millóns de euros e contemplan unha inversión de catro millóns

REBECA COLLADO | Narón | Martes 26 xaneiro 2016 | 18:10 O goberno de Narón levará este xoves a pleno os seus orzamentos para 2016, que sitúanse nos 28.951.234 euros e supoñen un aumento do 3,18 % con respecto ao 2015. Trátase dunhas contas «continuístas» que buscan o obxectivo de «manter a estabilidade sen rebaixar a calidade dos servizos», segundo afirmou o alcalde, José Manuel Blanco. O rexedor presentou o documento este martes acompañado polo concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, a voceira de TEGA, Marián Ferreiro, e concelleiro do PSOE Octavio Dopico. Blanco salientou que os orzamentos manteñen as condicións do pacto de goberno e seguen tres máximas: manter as axudas sociais para atender aos veciños máis necesitados; manter os servizos relacionados coa atención ás persoas maiores, cultura, deportes ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies