Home / Archivo de Etiquetas: PABLO VILLAMAR (página 3)

Archivo de Etiquetas: PABLO VILLAMAR

Os premiados na campaña navideña do comercio de Narón recollen os seus agasallos

FERROL360 | Luns 4 xaneiro 2016 | 17:21 O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar e representantes da Asociación de Comercio de Narón entregaron este luns catro carros e unha cesta con produtos de Nadal aos últimos gañadores da campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre, impulsada polo Concello. Os gañadores dos carros foron José Díaz, Milagros García, Estela Millán e Manuel López, cuxas papeletas resultaron elixidas nos establecementos Óptica Valero, Óptica La Gándara, Marijose e Yedra Interiorismo, respectivamente. A cesta foi para Verónica Fernández, premiada cunha papeleta depositada en Galerías Layme. O edil naronés felicitou aos premiados e animounos a seguir realizando as súas compras nos pequenos e medianos comercios locais, un sector que ofrece unha gran variedade de produtos no municipio. A campaña de comercio de Nadal ...

Leer más »

Alcalde e concelleiros de Narón explicarán o funcionamento das súas delegacións á cidadanía

REBECA COLLADO | Narón | Xoves 12 novembro 2015 | 19:13 Dar un paso máis na participación para que os veciños de Narón coñezan o funcionamento interno do Concello, ese é o obxectivo do Encontro informativo entre alcalde, concelleiros e naroneses que terá lugar o vindeiro 18 de novembro. A cita será no Pazo da Cultura ás 19:00 horas e poderán asistir as entidades do municipio e veciños a título individual. Os grupos da oposición tamén están convidados e poderán explicar, se así o desexan, o traballo que realizan. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou en rolda de prensa este xoves que o acto está aberto a quen «teña interesen en coñecer o funcionamento da administración local». Blanco subliñou que Narón leva «moitos anos dando participación» aos veciños ...

Leer más »

Narón baixará o IBI, conxelará impostos e incrementará as bonificacións das taxas en 2016

FERROL360 | Martes 27 outubro 2015 | 17:11 O goberno de Narón rebaixará o IBI ata o coeficiente do 0,66, conxelará os impostos e incrementará as bonificacións das taxas en 2016. Así o anunciaron o alcalde da localidade, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar. Blanco afirmou que «por fin agora que a lei o permite, o Concello vai mellorar a proposta do Plan Económico Financieiro que incidía en que o IBI ía baixar» do 0,70 ao 0,68. Ademais, vistas as perspectivas económicas, dixo o rexedor, «baixaremos o coeficiente ao 0,66 o vindeiro ano». O alcalde explicou que «haberá recibos que queden igual que en 2015 e noutros haberá diferencias de entre cinco e seis euros á baixa ou á alza». En todo caso, Blanco subliñou ...

Leer más »

Narón levará a Pleno un cambio de usos no modificado de crédito para diferentes investimentos

FERROL360 | Venres 18 setembro 2015 | 15:36 O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, explicou este venres que o goberno local quere levar a cabo un cambio de usos no modificado de crédito, aprobado o pasado mes de xullo, para realizar diferentes investimentos entre os que se atopa a redacción do Plan de Mobilidade. O edil presentou esta proposta na Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas e irá ao Pleno ordinario de fin de mes. Trátase dunha partida total de 190.445 euros, que retirarase do global destinado no modificado de crédito á amortización de débeda, que contará con 70.444 euros menos, e do Plan de mellora de servizos e pavimento de rúas, que se reducirá en 120.000 euros. Villamar asegurou que «aínda que a contía poida parecer ...

Leer más »

Narón adhírese á campaña de regularización catastral esixida por Facenda

FERROL360 | Xoves 17 setembro 2015 | 19:22 O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, anunciou este xoves que o Concello de Narón se adherirá ao procedemento de regularización catastral 2014-2017, para dar así cumprimento a un proceso iniciado pola Dirección Xeral do Catastro e dirixido á loita contra o fraude. Villamar explicou que «é o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas o que nos obriga a acollernos a este procedemento, que debe iniciarse en todos os concellos antes do 31 de decembro de 2016, tal e como se publicou no BOE». A medida non implica unha nova revisión dos valores catastrais e supón un custe para o cidadán ao que se presta o servizo, por parte do Estado, de 60 euros por inmoble regularizado. O pasado mes de xullo ...

Leer más »

Narón realizará unha modificación de crédito de 3,6 millóns de euros para actuacións en saneamento, rúas e inmobles

FERROL360 | Mércores 29 xullo 2015 | 19:40 O goberno local de Narón levará ao pleno ordinario de fin de mes deste xoves a aprobación dunha modificación crédito por un importe de 3,6 millóns de euros para realizar obras relacionadas co saneamento, instalacións municipais e intervencións en rúas e camiños. Para o saneamento da zona rural destinarase unha partida de 600.000 euros, que permitirá executar os traballos correspondentes á prolongación da rede de alcantarillado nos Vicás (San Xiao); a construción de dous colectores nas marxes da estrada AC-116 no Val e a execución da rede de colectores secundarios que dará servizo ás vivendas situadas na estrada DP-5404, en Sedes. A partida para obras en instalacións municipais ascende a 717.322 euros e con cargo á mesma executaranse os traballos de construción ...

Leer más »

Narón repite receta con la entrada del BNG en un gobierno tripartito y deja la puerta abierta a nuevos pactos

MARTA CORRAL | Narón | Viernes 3 julio 2015 | 17:42 El alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado de los representantes de TEGA, PSOE y BNG -Guillermo Sánchez Fojo, Catalina García y Pablo Villamar-, firmaban este viernes el documento que da luz verde al tripartito naronés, después de que la asamblea nacionalista aprobase el acuerdo de mínimos que les abre las puertas del gobierno tras 20 días desde la toma de posesión. Sobre la mesa un texto en que se recogen «ideas moi claras», según Blanco, con la premisa de «o primeiro as persoas» como piedra angular de la coalición. En este sentido, apuestan por mejorar los servicios, dotar de más presupuesto del Centro de Recursos Solidarios, completar el saneamiento de la zona rural, exigir a las administraciones el ...

Leer más »

O BNG de Narón entra no goberno local

FERROL360 | Xoves 2 xullo 2015 | 17:11 A asemblea aberta do BNG de Narón deu luz verde á entrada dos nacionalistas no goberno local. O documento no que se recollen as prioridades de cara ao mandato 2015-2019, froito dun mes de negociación con TEGA e PSOE, contou co voto favorable da maioría dos asistentes á asemblea. Hai unha semana, o alcalde de Narón José Manuel Blanco aseguraba que non se discute que Pablo Villamar e Teresa Saibo leven outras concellerías diferentes ás do pasado mandato. Así, todo fai pensar que Villar estará ao fronte de Promoción Económica e Saibo de Promoción Social e Igualdade. En todo caso, os detalles do pacto de goberno e das áreas nas que traballarán os nacionalistas daranse a coñecer este venres en rolda de ...

Leer más »

Blanco confía en pechar goberno en Narón esta semana coa inclusión do BNG

REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 24 xuño 2015 | 16:30 Esta semana haberá unha nova xuntanza entre Terra Galega e BNG de Narón para tratar de chegar a un acordo de goberno que inclúa aos nacionalistas. O alcalde do municipio, José Manuel Blanco, asegura que «non existen problemas insalvables, existen problemas de organización» que son os que dilatan os tempos. En todo caso, Blanco confía en que «a remates de esta semana se pecharán os acordos a tres bandas co PSOE, BNG e TEGA» e así reeditar o tripartito. Deste xeito, o luns ou martes da vindeira semana poderíase asinar o acordo de goberno entre as tres formacións. Preguntado se Pablo Villamar estará ao fronte de Promoción Económica e Teresa Saibo Promoción Social e Igualdade, coma na pasada lexislatura, ...

Leer más »

Pablo Villamar, candidato BNG de Narón: «O noso enfoque é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Narón»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:55 Ben axiña lle chegou a Pablo Villamar Díaz a implicación política. Con 16 anos militaba no Bloque Nacionalista Popular Galego e desde o ano 1981 no Bloque Nacionalista Galego. Este navantiero, técnico de Organización en Navantia Ferrol, nado en 1961, entrou no Concello de Narón no ano 1999. Ademais, entre 2003 e 2011 foi deputado provincial e no mandato 2007-2011 exerceu de vicepresidente da Deputación da Coruña. FERROL360 – Un problema, unha solución: a cooperativa de Pedroso. Pablo Villamar –  A administración autonómica ten que auditar e vixilar, pois lle corresponde por lei, este tipo de iniciativas tan importantes para a economía galega como as cooperativas e nas que o BNG acredita. 360 – Que proxectos a desenvolver con outras administracións son ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies