Home / Archivo de Etiquetas: Pazo da Cultura de Narón (página 13)

Archivo de Etiquetas: Pazo da Cultura de Narón

O teatro clásico da Cervantia e a música e danza de Na punta do pé esta fin de semana en Narón

FERROL360 | Mércores 28 setembro 2016 | 14:13 O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous espectáculos variados e diferentes. Mentres que o venres será a quenda do teatro clásico coa obra Cervantina, da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá, o sábado tocaralle o turno á música e danza populares con Na punta do pé, do grupo Pesdelán. A obra Cervantina, baseada en textos de Miguel de Cervantes, é unha coprodución da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá. O público poderá recoñecer nesta peza fragmentos de recoñecidas novelas como Don Quijote de la Mancha, La gitanilla ou El coloquio de los perros, entre outros. O humor, a adaptación dos textos e a evolución dos personaxes que protagonizan esta obra de teatro clásico ...

Leer más »

Berto Romero, Quique San Francisco, Noche Sabinera e a orquestra Panorama na programación cultural de Narón

FERROL360 | Domingo 10 xullo 2016 | 13:41 A programación cultural de Narón para os meses de setembro a decembro vén cargada dunha trintena de espectáculos para todas as idades e gustos. Desde a comedia con Berto Romero e Quique San Francisco, pasando polos espectáculos infantís ata a música de Noche Sabinera e da orquestra Panorama, que estreará un espectáculo musical. O Padroado da Cultura de Narón aprobou na Xunta do Padroado a programación que se desenvolverá practicamente na súa totalidade no Pazo da Cultura. A vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, que indicou que o orzamento das actuacións contratadas desde a entidade para o segundo semestre de ano é de 117.488 euros. No mes de setembro, chegarán ao Pazo da Cultura a compañía Chévere coa obra de teatro Eroski Paraíso, ...

Leer más »

Doble ración de teatro esta fin de semana en Narón

FERROL360 | Venres 20 maio 2016 | 18:06 Os amantes do teatro teñen esta fin de semana dúas citas en Narón coa comedia de Carlos Blanco e Luis Davila no Pazo da Cultura e coa VIII Mostra de Teatro Amador parroquia de Pedroso, este sábado e domingo respectivamente. A comedia Menú da noite, protagonizada polo actor cómico Carlos Blanco e o ilustrador Luis Davila, chega ao Pazo da Cultura ás 20:00 horas deste domingo. A obra é unha segunda entrega, tras Menú do día, na que os protagonistas vestían saias escocesas. Agora, con seus smókings, Carlos Blanco e Luis Davila suben de novo ao escenario para literalmente, cociñar en directo. Baile, animación, debuxo de viñetas en directo e música de Budiño e Kepa Junquera completarán este espectáculo no que o ...

Leer más »

O Pazo da Cultura de Narón recibe durante unha semana a visita de preto de 1.500 escolares

FERROL360 | Martes 19 abril 2016 | 17:31 Dende este luns, o Pazo da Cultura de Narón acolle unha serie de representacións da obra 2021: Unha odisea na Terra, unha peza coa que poderán divertirse ata 1.472 alumnos de distintos centros de ensino de toda a comarca. A vicepresidenta do Padroado da Cultura e concelleira da área, Marián Ferreiro, sinalou que esta actividade supón «unha magnífica oportunidade tanto en materia didáctica para os espectadores e espectadoras como para o alumnado da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón», que representa esta obra. 2021: Unha odisea na Terra é unha comedia de aventuras, dirixida polo actor e director naronés José Prieto, sobre os problemas causados pola contaminación ambiental e coa que se tratan de ...

Leer más »

Segunda sesión do Festival do Monólogo Teatral «Singular» este venres no Pazo da Cultura

FERROL360 | Xoves 7 abril 2016 | 19:36 Arte de las putas, una historia de amor é o segundo espectáculo incluído no Festival do Monólogo Teatral «Singular», organizado conxuntamente polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora teatral Eme2. A peza, protagonizada por José L. Esteban, chegará ao Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón da man de Jotacción a partir das 20:30 horas. O espectáculo, dirixido ao público adulto, ten unha duración de algo máis dunha hora. Neste tempo o público presenciará unha obra que remontará ao público aos clásicos, a esas historias que os nosos ancestros queren transmitirnos e na que non faltarán o humor, a ironía e a música. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 ...

Leer más »

Teatro do Morcego estrea a obra «Nosa Señora das Nubes» este sábado no Pazo da Cultura

FERROL360| Xoves 10 marzo 2016 | 12:00 O Pazo da Cultura de Narón vestirase este sábado de longo para acoller a estrea da obra teatral Nosa Señora das Nubes, a cargo da compañía Teatro do Morcego. Esta comedia para adultos está dirixida por Celso Parada, que actuará xunto con Josi Lage, Mundo Villalustres e Pablo Costas. A poesía e o humor son unha constante nesta peza, que centra as historias na lonxana patria de Nosa Señora das Nubes. Óscar e Bruno son dous expatriados que se atopan e describen as súas vivencias anos atrás no que foi o seu pobo. Estas historias altérnanse con outras máis actuais, convidando aos espectadores a reflexionar sobre o exilio e os desprazados no mundo. A representación comezará ás 20:00 horas e o prezo das ...

Leer más »

Toy Story chega ao Pazo da Cultura de Narón para divertir a peques e maiores

FERROL360 | Venres 4 marzo 2016 | 16:40 Unha das historias máis divertidas do cine infantil chega a Narón en forma de musical. Trátase película de animación de Disney Pixar Toy Story, que a compañía Barabu Producciones representará este domingo no Pazo da Cultura, ás 18:00 horas. Este muscial é unha adaptación do filme, xa que a trama desenvólvese cando o protagonista do espectáculo, Andy, regresa á súa casa tras rematar os seus estudos universitarios e abre unhas caixas que el mesmo embalara anos atrás cheas de xoguetes. Recorda os momentos vividos e, nunha aposta pola solidaridade decide doalos aos nenos máis desfavorecidos. A concienciación cidadá sobre as desigualdades no mundo é un dos obxectivos deste musical, no que se incide no feito de que os xoguetes nunca morren e ...

Leer más »

Alberto San Juan y Willy Toledo cerrarán el febrero de teatro, ópera o musicales en Narón

FERROL360 | Viernes 29 enero 2016 | 20:00 Cinco grandes citas conforman la programación del Pazo da Cultura de Narón para el nuevo mes de febrero. La primera de ellas será el tradicional Festival de Comparsas de Entroido, a celebrar el próximo sábado 6 de febrero, con inicio a las 18:00 horas y cuya entrada será gratuita previa retirada de invitación desde el lunes día 1 en la taquilla del recinto. Previamente, las agrupaciones realizarán su desfile desde la Praza da Constitución, en A Solaina, a partir de las 17:00 horas. Superado ese período festivo, el Pazo recibirá el musical de ABBA, que sustenta Barabu Producciones (sábado 13 de febrero, 20:00 horas). Hasta 16 de sus más conocidas canciones sonarán durante el espectáculo. Las entradas cuestan 18 euros si se ...

Leer más »

O pintor Manuel Carballeira Rivas expón no Pazo da Cultura de Narón

FERROL360 | Xoves 5 novembro 2015 | 11:39 O sentir das miradas é a nova mostra do pintor pintor lucense, afincado en Valdoviño, Manuel Carballeira Rivas, que se pode visitar no Pazo da Cultura de Narón. A exposición está composta por máis dunha vintena de obras figurativas nas que se reflexan diferentes lugares de Narón e comarca, así como escenas propias da vida cotiá. Carballeira Rivas conta cunha dilatada traxectoria profesional e varios premios no seu haber, entre eles o primeiro do Concurso de Pintura «Cidade de Narón» deste ano. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de novembro, no hall do Pazo, en horario de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Leer más »

Teatro, espectáculo infantil e música protagonizan a programación cultural de Narón

FERROL360 | Sábado 17 outubro 2015 | 14:04 Fin de semana con citas culturais en Narón que van desde o teatro, ata un espectáculo infantil, pasando por un concerto de música coral. Así este sábado, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura terá lugar a representación da obra teatral La calma mágica, a cargo da compañía Tanttaka Teatro. O prezo das entradas é de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O domingo na Praza de Galicia os peques de 0 a 10 anos teñen unha cita co espectáculo musical Unha viaxe polo mundo. Trátase dunha actividade pedagóxica, de balde, a cargo do grupo As Maimiñas. Será ás 18:00 horas e en caso ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies