Home / Archivo de Etiquetas: Pazo da Marquesa

Archivo de Etiquetas: Pazo da Marquesa

San Sadurniño estrena sin incidencias su nueva sede consistorial

FERROL360 | Lunes 23 junio 2014 | 13:55 El Pazo da Marquesa abrió sus puertas a primera hora de la mañana de este lunes convertido ya en nueva sede del Concello de San Sadurniño tras la mudanza de este pasado fin de semana. Al filo de las 09:30 horas, Julia Bouza se convertía en la primera vecina que acudía a las dependencias. Su visita guardaba relación con la festividad de San Juan, ya que solicitó por registro permiso para hacer una hoguera en el lugar de Cornide. Las obras de adecuación del histórico inmueble motivaron un desembolso superior a los 600.000 euros durante los tres últimos años. A las ocho de la mañana, los pasillos ya se habían convertido en un hervidero gracias a la llegada del personal municipal, preparado ...

Leer más »

Música e poesía protagonizarán os actos das Letras Galegas en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 6 maio 2014 | 17:20 As artistas Lucía Aldao e María Lado conforman un proxecto musical que porá a banda sonora á celebración das Letras Galegas en San Sadurniño. Con dez poemas por barba! é o título do seu espectáculo, moi cercano ao público, que combina a poesía e a música. Xunto ao dúo AldaoLado, estará Xoán Curiel, quen se encargará de facer un repaso polo seu último traballo, titulado Magnético Zen. O disco foi elixido coma o mellor álbum en lingua galega na quinta edición dos premios da música independiente da UFI. O cantante pop vén de xirar pola Arxentina e, antes de voltar a viaxar cara as Azores, ofrecerá concertos en varios puntos da xeografía galega. O acto que conmemora o Día das Letras Galegas ...

Leer más »

A demolición da antiga queixería de San Sadurniño permitirá crear un aparcadoiro dunhas 35 prazas

FERROL360 | Luns 14 abril 2014 | 17:43 Este luns comezaron en San Sadurniño as obras de urbanización da contorna do Pazo da Marquesa e o máis significativo da xornada foi o derrubamento dun antigo edificio que noutrora fora queixería. O que se pretende é construír unha zona de aparcadoiro para uns 35 vehículos e mellorar o estado do complexo onde se integran o Pazo da Marquesa e o edificio que será a escola infantil. Construcciones Guerreiro Somozas acondicionará a zona nun prazo máximo de dous meses, logo de se lle adxudicar a obra por un contrato de algo máis de 60.000 euros. O seguinte paso será axeitar os arredores dos inmobles con lousa e área vexetal.

Leer más »

San Sadurniño e Deputación asinan un acordo de 85.000 euros para equipar a escola infantil do municipio

ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Venres 11 abril 2014 | 17:42 O presidente da Deputación de A Coruña visitou San Sadurniño este venres para formalizar xunto ao alcalde, Secundino García, o convenio que destinará 85.000 euros á posta en marcha da escola infantil. Diego Calvo foi recibido no Pazo da Marquesa, un inmoble que nos próximos meses será a sede oficial do consistorio. O acordo asinado entre ámbalas dúas administracións é froito da demanda da corporación municipal e a achega provincial supón preto do 80 % do orzamento necesario para que a escola infantil sexa unha realidade. Poderán rematarse as obras deste centro, situado na planta baixa do edificio anexo ao Pazo da Marquesa, que comezaron hai case un ano. A grandes trazos, a contía destinada a este espazo ...

Leer más »

Dúas crías de curuxa volven sobrevoar o ceo de San Sadurniño

ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Mércores 9 abril 2014 | 17:18 A exactamente un mes de ter lugar o Día Internacional das Aves, San Sadurniño quixo celebrar esta data cun simbólico acto de posta en liberdade dunhas aves moi especiais. O Concello, en colaboración co CPI, organizou unha xornada para ceibar dous pitos de curuxa que apareceran hai nove meses no edificio anexo ao Pazo da Marquesa durante as obras de rehabilitación. Técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) de Oleiros encargáronse de reintroducir no seu espazo natural a esta parella de rapaces nocturnas logo de estaren preto dun ano nas súas instalacións. Acudiron novamente á contorna onde no mes de xullo a nai destes polos fuxiu, seguramente polo susto das obras no edificio. O motivo de ...

Leer más »

Abre o prazo para inscribirse na XIX Feira da Plantación de San Sadurniño

FERROL360 | Martes 8 abril 2014 | 14:50 O vindeiro 27 de abril, San Sadurniño celebrará a edición número dezanove da Feira da Plantación, unha cita que conforma un rico escenario de flora autóctona, enchendo de colorido primaveral o municipio. O que se pretende é potenciar as «posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural», tal e como indica o consistorio, que por segundo ano consecutivo asume a organización dun evento que durante dezasete anos foi levado a cabo pola asociación Bidueiro. Ademais, coa feira queren «promocionar a produción e comercialización agrícola da zona», acollendo numerosos expositores -principalmente locais e comarcais- para a venda de árbores, flores, produtos de horta e maquinaria. Terá lugar dende a mañá ata ben entrada a tarde na explanada do CPI de San Sadurniño, onde se ...

Leer más »

San Sadurniño congrega un cento de persoas para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres

FERROL360 | Luns 31 marzo 2014 | 19:17 O Pazo da Marquesa de San Sadurniño acolleu o pasado sábado un acto para conmemorar o Día Internacional da Muller. A cita, malia non cadrar co día oficial -8 marzo-, serviu para reivindicar «o papel da muller na sociedade» e dar conta da necesidade de «seguir avanzando cara unha igualdade de xénero real». Ante estes principios, se congregaron na galería do recén restaurado inmoble unhas cen persoas, que gozaron dunha tarde de historias e anécdotas lideradas polo xénero feminino. Os asistentes puideron coñecer a lenda de Loureana, un relato ambientado no castro de San Sadurniño que está incluído no libro da veciña Eva Merlán titulado Contos de Trasancos. Ademais, a concelleira de Igualdade, Ana Belén Breijo, sinalou os aspectos principais do segundo ...

Leer más »

San Sadurniño pide a colaboración da Xunta para preparar o exterior do pazo e poñer en marcha a escola infantil

FERROL360 | Luns 3 febreiro 2014 | 17:37 O goberno local de San Sadurniño reuniuse este luns en Santiago co director xeral de Administración local, José Alberto Pazos. O motivo do encontro foi pedirlle á Xunta de Galicia a súa implicación na execución das obras de acondicionamento da contorna exterior do pazo da Marquesa e do edificio anexo. O proxecto, orzamentado en 60.000 euros, pretende mellora-la accesibilidade a uns inmobles que nun futuro próximo albergarán a Casa do Concello, unha escola infantil ou locais empresariais. A actuación inclúe, entre outras cousas, habilitar unha ampla zona de aparcadoiro, ademais de derrubar a antiga queixaría e acondicionar con lousa e zona vexetal o perímetro comprendido entre ámbolos dous edificios. A previsión do Concello é sufragar unha parte dos gastos con axudas autonómicas. ...

Leer más »

San Sadurni?o abre as portas dun novo pazo

ARY L?PEZ | San Sadurni?o | Luns 30 decembro 2013 | 11:46 Onte foi un d?a hist?rico para San Sadurni?o. O edificio co?ecido como o Pazo da Marquesa abr?a por primeira vez as s?as portas a toda a veci?anza. O emblem?tico inmoble pertenceu ? familia dos Andrade e Castro e posteriormente foi propiedade dos Marqueses de San Sadurni?o. El, don Francisco de As?s Antas D?vila Matheu y Bernaldo de Quir?s; ela, dona Mar?a de la Natividad Quind?s y Villarroel, herdou as s?as distinci?ns e propiedades ao quedar vi?va en 1922. Posu?u o t?tulo de VII Marquesa de San Sadurni?o por herdanza dos seus familiares e, ao morrer en 1953 sen descendencia, legou o pazo ?s Irm?ns de Cristo Rei, que o converteron en escola-fogar durante un tempo. Cando as monxas ...

Leer más »

A empresa ferrolana Equifer equipará o interior do Pazo da Marquesa de San Sadurniño

ARY LÓPEZ | Venres 16 agosto 2013 | 18:22 A resolución da mesa de contratación do Concello de San Sadurniño acordou este venres adxudicar a Equifer as obras de equipamento interior do Pazo da Marquesa. O Concello convocara hai un mes o concurso para executar estes traballos, ao cal se presentaron un total de tres propostas. El Corte Inglés e Grumar foron as outras dúas candidatas interesadas en asumir o subministro e instalación do inmoble. O proxecto inclúe, entre outras cousas, o mobiliario de oficina e a instalación dun sistema de conferencias no futuro salón de plenos que será ubicado neste inmoble. Equipamento de Oficinas Ferrol S.L. foi a compañía que obtivo a maior puntuación no apartado relativo ao prezo. O importe de 127.117’45 euros foi o máis baixo en ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies