FERROL360 | Mércores 5 outubro 2016 | 9:16 A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira quere coñecer en detalle as obras que a Demarcación de Costas ten previsto levar a cabo na praia da Madalena. Para elo a entidade enviou un escrito ao organismo reclamando información ante a inminencia do inicio das obras. No escrito, os membros da entidade preguntan sobre a altura que se lle vai recortar á duna e ata onde vai chegar a zona balizada na que se moverán as máquinas. Neste punto explican que hai unha certa preocupación sobre a posibilidade de que se vexa afectado o banco marisqueiro nun momento no que parece que principia a súa recuperación. Tamén se interesa a Plataforma polos traballos que se van acometer no regato máis próximo a ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira