ARY LÓPEZ | Sábado 6 xullo 2013 | 16:42 San Sadurniño celebrou na mañá deste sábado un pleno ordinario no que se abordaron oito puntos. Na sesión desenvolvéronse cinco temas principais: as contas xerais do 2012, dúas mocións nacionalistas, a modificación da relación de bens do Concello e unha normativa orgánica local. A modificación do inventario de bens do Concello supón a compra dunha finca na parroquia de Ferreira por valor de 1.000 euros. Nela, instalarase unha foxa séptica comunitaria que dará servizo a unha decea de vivendas próximas. Foi aprobada por unanimidade. A continuación, o PSdeG-PSOE e o BNG votaron a favor das contas xerais do pasado ano, nas que o resultado recollido por Facenda reflicte un 80% de gastos fronte a un 82% de ingresos. O Partido Popular ...
Leer más »