Home / Archivo de Etiquetas: Portal de Transparencia Concello de Narón

Archivo de Etiquetas: Portal de Transparencia Concello de Narón

Narón, modelo do Portal de Transparencia

FERROL360 | Mércores 30 marzo 2016 | 13:05 A Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP- felicitou ao Concello de Narón polo «fantástico traballo» realizado co Portal de Transparencia do Concello de Narón e solicita ao alcalde autorización para poder empregar o modelo naronés noutras entidades locais que están desenvolvendo os seus portais. Nunha carta dirixida ao rexedor, o Secretario xeral da FEMP asegura que a labor realizada en Narón «merece ser recoñecida, difundida e reaproveitada por outros municipios que puideran demandala». Así, desde o organismo realizarán unha adaptación deste portal trasladándollo ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas «para a súa incorporación nos manuais de uso». Salientan desde a FEMP a «extraordinaria labor pedagóxica» desta ferramenta, valorando así o traballo realizado polo Secretario municipal, Alfonso de Prado Fernández-Canteli e ...

Leer más »

Narón pon en marcha o portal de Transparencia do Concello

FERROL360 | Domingo 13 marzo 2016 | 12:30 O portal de Transparencia do Concello de Narón estará operativo a partir deste luns. Momento no que os voceiros coñecerán a ferramenta e asistirán á posta en marcha da nova páxina web municipal de transparencia, á que xa poden acceder todos os administrados. Coa apertura do novo portal, calquera usuario poderá acceder cun clic á práctica totalidade das actuacións administrativas. Así, a web estrutúrase en tres categorías: Institucional, Normativa e Económica nas que se inclúen: Contratos; Convenios subscritos; Encomendas de xestión; Subvencións públicas concedidas; Retribucións percibidas; Oferta de emprego, entre outras. O alcalde, José Manuel Blanco, agradeceu o «exemplar traballo» e a «dedicación» de todo o persoal do Concello, que nas últimas semanas se adicou a subir todos e cada un dos ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies