FERROL360 | Mércores 5 outubro 2016 | 9:16 A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira quere coñecer en detalle as obras que a Demarcación de Costas ten previsto levar a cabo na praia da Madalena. Para elo a entidade enviou un escrito ao organismo reclamando información ante a inminencia do inicio das obras. No escrito, os membros da entidade preguntan sobre a altura que se lle vai recortar á duna e ata onde vai chegar a zona balizada na que se moverán as máquinas. Neste punto explican que hai unha certa preocupación sobre a posibilidade de que se vexa afectado o banco marisqueiro nun momento no que parece que principia a súa recuperación. Tamén se interesa a Plataforma polos traballos que se van acometer no regato máis próximo a ...
Leer más »O programa de difusión científica mariña ‘Mergúllate no Océano’ chega esta fin de semana a Cedeira
FERROL360 | Martes 26 xullo 2016 | 11:07 A praia da Madalena, en Cedeira, acollerá este sábado e domingo os obradoiros do programa de difusión científica mariña ‘Mergúllate no Océano’. Esta actividade está dirixida por profesionais con titulación superior universitaria e dilatada experiencia na transmisión de coñecementos a través de accións de divulgación da ciencia, contratados para tal fin tras superar un proceso selectivo. Esta iniciativa da Universidade de Vigo busca que a través de experimentos sinxelos, simulacións e xogos os participantes descubran curiosidades sobre os mares e océanos, obteñan coñecementos específicos sobre as investigacións que se realizan no Campus do Mar e aprendan a levar un estilo de vida más sostible co medio mariño. O programa tamén consta dunha mostra duns 200 metros cadrados que estará aberta ao público ...
Leer más »