Home / Archivo de Etiquetas: Programación Oenach Atlántico 2017

Archivo de Etiquetas: Programación Oenach Atlántico 2017

Sedes mergúllase na época castrexa coa celebración do XIX Oenach Atlántico

Ferrol360 | Mércores 26 xullo 2017 | 11:00 O recinto feiral do Trece, na parroquia naronesa de Sedes, acollerá desde este venres e ata o domingo a celebración do XIX Oenach Atlántico. O evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, conta cun completo programa de actividades co concerto de Davide Salvado, Feira de Artesanía, Mercadiño Artesán, xogos populares, teatro, deporte rural e gastronomía, entre outros. A programación, como é habitual, arrancará este venres a partir das 21.00 horas, co tradicional acendido de lumes. Unha hora máis tarde, darase paso á Noite de Música Galiciana, cun concerto de Davide Salvado, un dos cantautores galegos máis recoñecidos no ámbito da música tradicional. Xa o sábado, os preto de 40 postos da Feira de Artesanía e do Mercadiño Artesán abrirán as súas ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies