REBECA COLLADO | Ferrol | Xoves 3 outubro 2013 | 12:00 Cogami, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, racha dalgún xeito os aterradores números do paro e arroxa un pouco de luz e esperanza nese duro camiño da inserción laboral. No que vai de ano, 160 persoas das nosas comarcas e que presentan algún tipo de discapacidade, atoparon un traballo. As cifras non son para botar foguetes, pero dende un punto de vista positivo si podemos dicir que son alentadoras. A coordinadora de Cogami na zona, María Aneiros, explica que «os datos de inserción están aumentando cada ano» e salienta que aínda que «o mercado agora mesmo está completo a nivel perfís, nós intentamos estar aí nas ofertas e poder derivar aos usuarios». Aproximadamente, un 30 % das insercións ...
Leer más »