FERROL360 | Martes 22 abril 2014 | 12:50 As salas de cine Dúplex, ubicadas no barrio ferrolán de Esteiro, estrean un novo ciclo de películas en versión orixinal subtitulada. Dende o xoves 24 de abril ata o vindeiro 19 de xuño serán proxectadas semanalmente un total de nove películas do director estadounidense Quentin Tarantino. A primeira delas será Jackie Brown, unha cinta do ano 1997 protagonizada por Pam Grier, que interpreta a unha azafata acusada de traficar con drogas. A policía, para evitar que ingrese en prisión, proponlle que colabore para atopar ao delincuente Ordell. Samuel L. Jackson, Robert de Niro, Michael Keaton, Bridget Fonda e Robert Forster completan o elenco artístico dun filme baseado na novela de Elmore Leonard Rum Punch. Pulp Fiction pechará este ciclo de cine, onde ...
Leer más »