Home / Archivo de Etiquetas: Recinto Feiral do Trece

Archivo de Etiquetas: Recinto Feiral do Trece

Máis de 40 expositores participarán esta fin de semana na XVI Feira do Mel de Narón

FERROL360 | Xoves 6 outubro 2016 | 14:07 A concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mar Gómez, presentou este xoves o programa da décimo sexta edición da Feira do Mel, que se celebrará no recinto feiral do Trece este sábado e domingo. A cita contará coa participación de máis de 40 expositores de produtos ecolóxicos e artesanais co mel como principal reclamo. Así, cóntase coa presenza de pequenos e medianos produtores hortofrutícolas, como legumes, queixos, marmelos, aceites, infusións ou cervexas, así como doutras manufacturas en coiro, madeira, xoiaría en prata ou cosméticos, entre outros. A feira desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Como en edicións anteriores, está prevista a participación activa dun bo número de membros da delegación de Ferrolterra da ...

Leer más »

Teatro, música tradicional galega e varios obradoiros para celebrar o Oenach Atlántico 2016

FERROL360 | Venres 24 xuño 2016 | 12:15 Do 29 ao 31 de xullo Sedes celebrará unha das súas citas culturais más importantes: o Oenach Atlántico 2016. A XVIII edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia contará cun completo e variado programa de actividades con teatro, música tradicional galega e varios obradoiros. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro e a presidenta da AVV Rosa dos Ventos, Julia Montero, foron as encargadas de presentar as actividades e o cartaz desta edición este venres no local social de Sedes. Ferreiro salientou o traballo que ano tras ano realizan os veciños «para manter en pé esta celebración coa que se aposta por recuperar e dar a coñecer a tradición e cultura galegas». O programa comezará o día 29, ás 21:00 horas, coa ...

Leer más »

A VII Feira Multisectorial Agrícola chega esta fin de semana ao recinto feiral do Trece

FERROL360 | Venres 8 abril 2016 | 10:18 Este sábado e domingo terá lugar a VII Feira Multisectorial Agrícola, que se desenvolverá no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Preto de corenta de expositores procedentes de diferentes municipios da provincia amosarán aos visitantes as últimas novidades no sector en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas Na presentación do programa, a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, avanzou que este ano haberá unha exposición de aves de corral, como novidade. O programa de actividades inclúe unha mostra de uso de maquinaria agrícola, obradoiros de poda e tamén actividades pensadas para os peques como obradoiros infantís e un área de ludoteca. Non faltará tampouco nesta cita unha zona de restauración, onde se poderá degustar ...

Leer más »

Aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado de Segunda Man de Sedes

FERROL360 | Venres 21 novembro 2014 | 13:29 Os interesados en participar no Mercado de Segunda Man de Sedes que se celebrará o vindeiro 21 de decembro xa se poden inscribir no Concello de Narón. Deberán cubrir a solicitude e presentala no Rexistro Xeral, en horario de mañá. Ofrécense 120 postos que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. Os participantes deberán ser maiores de idade e non poderán ser comerciantes nin vendedores ambulantes. A inscrición é de balde e esixirase compromiso de asistencia e a aportación solidaria dun quilo de alimentos ou produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Ó igual que en edicións anteriores, non se admitirá a venda de animais, produtos alimenticios ou bebidas. A organización proporcionará unha mesa e unha cadeira a ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies