FERROL360 | Domingo 23 marzo 2014 | 12:22 O Concello de Narón solicita asesoramento á Fegamp para iniciar os trámites de reclamación do Imposto sobre Hidrocarburos, cobrado pola Xunta e agora invalidado pola Unión Europea. Así, o alcalde do municipio remitiu unha carta ó presidente da Fegamp solicitando o inicio dos trámites para determinar os cauces legais que deberán seguir os concellos para reclamar a súa devolución. Cómpre lembrar que hai unhas semanas o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou que o Imposto sobre Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMDH), que aplicou entre outras a comunidade autónoma de Galicia, supoñía unha flagrante vulneración da lexislación comunitaria. Polo tanto, e a raíz dese fallo, diversos colectivos e organismos públicos coma o Concello de Narón están a exercer o seu dereito ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Reclamación do Imposto sobre Hidrocarburos