Home / Archivo de Etiquetas: risoterapia

Archivo de Etiquetas: risoterapia

Nova edición dos obradoiros de risoterapia e pilates en Ares

FERROL360 | Xoves 30 outubro 2014 | 22:01 O Concello de Ares convoca unha nova edición do obradoiro de risoterapia e pilates, que se desenvolverá entre os meses de novembro e maio. Esta iniciativa vai dirixida a persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio, co obxecto de mellorar a súa calidade de vida. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o día 7 de novembro no consistorio, nomeadamente no departamento de Servizos Sociais, no seu horario de atención ao público. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición, ata chegar ás quince ofertadas nesta edición. As clases impartiranse os luns, dende mediados do mes de novembro, en horario de 18:30 a 19:45 horas, nas dependencias do pavillón municipal.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies