Home / Archivo de Etiquetas: RUMBO AO 26M

Archivo de Etiquetas: RUMBO AO 26M

Iván Rivas: «Como imos saír adiante se os que deberían botar unha man non nola quitan do pescozo?»

FERROL360 | Venres 24 maio 2019 | 10:45 Iván Rivas chegou ao Concello de Ferrol como concelleiro do BNG a finais de 2011 logo da renuncia de Xoán Xosé Pita. Oito anos despois lidera por segunda vez a proposta nacionalista cunha bagaxe ás costas que recruou o seu discurso pero mantén intacta a súa defensa dos «intereses da veciñanza». Cun programa vertebrado en catro eixes -pódese consultar nesta ligazón-, o BNG quere dar a sorpresa e liderar un goberno de esquerdas que non recue diante do Goberno central e a Xunta de Galicia en temas como o convenio con Defensa ou a xestión de servizos como a auga e o lixo. FERROL360 – Dous erros e dous acertos da xestión que se tivo feito durante estes 4 anos no Concello ...

Leer más »

Jorge Suárez: «Pretenderon dar unha imaxe frívola de nós atacando incluso ás nosas vidas»

FERROL360 | Xoves 23 maio 2019 | 22:13 Jorge Suárez leva catro anos na Alcaldía de Ferrol. Preséntase de novo por Ferrol en Común logo dun mandato complicado en minoría con sete edís. Porén, semella que a ilusión fica intacta como o primeiro día mais non haberá unha terceira vez, por código ético e amor á familia. Sen pelos na lingua, Suárez endureceu as súas críticas contra aqueles «poderes non democráticos» que «pretenderon dar unha imaxe frívola» do seu Goberno. O programa de FeC pódese ler ao completo nesta ligazón. FERROL360 – Dous erros e dous acertos da xestión que se tivo feito durante estes 4 anos no Concello de Ferrol: JORGE SUÁREZ – Comezo cos acertos, mellor sempre o positivo por diante, non? Acerto foi a capacidade de loita ...

Leer más »

Olaia Ledo: «Narón ten que ser ‘modelo BNG’ como xa é Carballo, Allariz ou Pontevedra»

FERROL360 | Martes 21 maio 2019 | 20:37 É a primeira vez que Olaia Ledo é candidata a Alcaldía. A cabeza de lista do BNG é unha muller que confía na súa equipa e nas súas propostas para un municipio que xa contou nesta última lexislatura con edís nacionalistas. O programa da formación pode consultarse na súa web e nas súas redes sociais. Tamén poden pedirllo directamente no enderezo electrónico naron@bng.gal. FERROL360 – Dous erros e dous acertos da xestión que se tivo feito durante estes 4 anos no Concello de Narón: OLAIA LEDO – En canto aos acertos, a débeda bancaria cero grazas á concellería do BNG e a campaña contra os micro machismos. Erros? Aprobación por TEGA e PP da taxa de saneamento e non apostar aínda pola ...

Leer más »

André Abeledo: «Conseguimos demostrar que estamos no concello para construír e para mellorar a vida da veciñanza»

FERROL360 | Domingo 19 maio 2019 | 14:27 André Abeledo, candidato de Narón Por Diante-Son en Común, preséntase por segunda vez ás eleccións municipais en Narón. Desta volta, mediante unha coalición de partidos e coa experiencia de ter traballado desde a oposición nestes catro últimos anos no Concello. Convencido de que darán unha gran sorpresa, Abeledo considera que o compromiso coa veciñanza amosado durante o mandato dará bos resultados á súa formación. Defensor dos sevizos públicos, móstrase aberto ao entendemento entre as diferentes forzas e asegura que a palabra ten que ser de aceiro cando se asumen compromisos. Entre algunhas das súas prospostas salientan a creación dun parque público de vivenda en alugueiro, facer de Narón unha cidade accesible e apostar pola zona rural. FERROL360 – Dous erros e dous ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies