Home / Archivo de Etiquetas: Ruta Muíños de Esmelle

Archivo de Etiquetas: Ruta Muíños de Esmelle

Muíño do Vento reinicia a súa actividade cunha ruta polos muíños de Esmelle

FERROL360 | Xoves 4 setembro 2014 | 10:38 A entidade Muíño do Vento inicia o novo curso este domingo cunha ruta polos muíños de Esmelle, guiados por Paulino Gasalla, do colectivo Proxecto Esmelle. A saída será ás 11:00 horas do local da Asociación de Veciños de Esmelle, lugar ao que regresarán para o xantar. Desde a asociación indican que o xantar se pode encargar alí, así como levar da casa. Pola tarde, visitarán o castro de Esmelle. O percorrido é de dificultade media e terá unha duración aproximada de tres horas. Non é necesario inscribirse.

Leer más »

Último día para inscribirse na saída pola Ruta dos Muíños de Esmelle que organiza a SGHN

FERROL360 | Mércores 27 agosto 2014 | 11:27 Ver as modificacións da fauna e flora ao longo das estacións do ano é a finalidade que perseguen as saídas gratuitas que organiza a Sociedade Galega de Historia Natural pola Ruta dos Muíños de Esmelle. Trátase dunha ruta de catro quilómetros de percorrido e de dificultade baixa Para poder ver estas modificacións os asistentes utilizarán guías de campo. A data da saída é o 30 de agosto ás 10:00 horas desde o local da Asociación de Veciños de Esmelle e finalizará aproximadamente ás 13:00 horas. Pode participar calquer persoa interesada. Para participar nas rutas hai que apuntarse a través do correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos seguintes teléfonos 881.93.13.15 e 698.141.384, en horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies