Home / Archivo de Etiquetas: Ruta sendeirismo

Archivo de Etiquetas: Ruta sendeirismo

O Club de Montaña organiza unha saída de sendeirismo polos ríos Aceiteiro e Xubia

FERROL360 | Xoves 31 marzo 2016 | 12:58 Debido a un reaxuste nas actividades de sendeirismo, o Club de Montaña cambiará a andaina prevista no calendario deste domingo 3 de abril por unha saída de sendeirismo de mañá polos ríos Aceiteiro Xubia. O lugar de saída será o apeadeiro de FEVE, na parroquia de Pedroso en Narón. Dende alí tomarase o FEVE ata Silvalonga onde comezará a andaina de 10 quilómetros aproxidamente de volta a Pedroso. A hora de saída será ás 11.00 e a de chegada ás 13:30 horas. Dende a entidade sinalan que a dificultade e o esforxo son baixos e o límite de participantes é de 50 persoas. É imprescindible inscribirse e a data límite para poder facelo é este venres. A actividade é de balde para ...

Leer más »

A concellería de Deportes de Ares organiza unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume

FERROL360 | Domingo 28 septiembre 2014 | 20:25 O Concello de Ares, a través da área de Deportes, organiza unha ruta de sendeirismo que se desenvolverá na zona de Monfero das Fragas do Eume o vindeiro 18 de outubro. Os interesados en participar deben inscribirse na Alianza Aresana ata o mércores día 15 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Poden participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos e os menores desta idade que queiran inscribirse deben ir acompañados dun adulto responsable. A actividade é de balde, agás o xantar que será por conta dos participantes. A actividade comezará ás 9:00 horas con saída en microbús dende a Alianza Aresana cara Mofero, lugar do que partirá a ruta. Ao mediodía haberá ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies